nós outras, de Marica Campo e Menchu Lamas, entrou en imprenta. Trátase do novo título da colección Udra de poesía para nenas e menos, que nesta a súa segunda entrega aposta por un libro de cores e de valores. nós outras plasma o encontro de dúas creadoras que traballan desde distint as latitudes expresivas pero que desenvolveron posturas concorrentes de rebeldía e intensidade emocional. Nese encontro, as mans están abertas para ofrecer territorios comunais, ámbitos de intercambio, paisaxes que retratan a beleza e a complexidade de cada persoa. nós outras trata de afianzar nos nenos e nas nenas a idea de que non hai desculpas para a marxinación ou o acoso escolar. A raza, a condición social, as características físicas ou mentais, os xeitos de amar ou a procedencia xeográfica son a forza que nos une, un patrimonio compartido. Ao cabo, nós outras propón unha viaxe extraordinaria e fermosísima pola diversidade do mundo e a igualdade do ser humano. A primeiros de novembro o libro estará xa dispoñible na tenda desta web e nas vosas librarías de referencia.
Artigos por datas
- Novembro 2024
- Outubro 2024
- Setembro 2024
- Agosto 2024
- Xullo 2024
- Xuño 2024
- Maio 2024
- Abril 2024
- Marzo 2024
- Febreiro 2024
- Xaneiro 2024
- Decembro 2023
- Novembro 2023
- Outubro 2023
- Setembro 2023
- Agosto 2023
- Xuño 2023
- Maio 2023
- Abril 2023
- Marzo 2023
- Febreiro 2023
- Decembro 2022
- Novembro 2022
- Outubro 2022
- Setembro 2022
- Agosto 2022
- Xullo 2022
- Xuño 2022
- Maio 2022
- Abril 2022
- Marzo 2022
- Febreiro 2022
- Xaneiro 2022
- Decembro 2021
- Novembro 2021
- Outubro 2021
- Xuño 2021
- Maio 2021
- Marzo 2021
- Febreiro 2021
- Xaneiro 2021
- Decembro 2020
- Novembro 2020
- Outubro 2020
- Setembro 2020
- Xullo 2020
- Xuño 2020
- Maio 2020
- Marzo 2020
- Xaneiro 2020
- Decembro 2019
- Novembro 2019