“Poesía, si, tamén ensaio, crónica, memoria, diario, con certa articulación performativa”. Así define Ramón Nicolás no seu Caderno da crítica a poderosa e irresistible proposta de Antón Reixa en Outlet, a súa ultima entrega poética. En Outlet, engade, “están presentes xa os mecanismos da ambigüidade e o humor que tan ben manexa o autor vigués. Os textos que o compoñen nacen desde as instancias da humildade e do desencanto do mundo tal e como confesa e, de feito, as súas intervencións recrean ese espírito crítico, de pouso reflexivo e irónico, que cómpre entender como reaccións diante dun estado de perplexidade, do absurdo ou do irracional do noso tempo.
Ramón Nicolás confesa a súa admiración polo traballo do multifacético artista, desde o labor en Rompente, “colectivo felizmente activo de novo, pasando por todos os libros da súa autoría que poboan algún andel da miña biblioteca como son Historia do rock and roll (1985), Ringo Rango (1992), Viva Galicia beibe (1994, e a súa posterior reedición), Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma (2018) ou o recente Melancoholemia. Vida de Mamarracho (2020). Todos eles lidos, todos eles gozados no seu momento. Experiencia similar que supuxo para min a lectura deste Outlet, publicado con excelencia por Chan da Pólvora”.
Para ler a crítica completa: