Pau Vadell, a voz máis admirada da poesía balear, chega por vez primeira ao galego da man de Chan da Pólvora Editora e con tradución do tamén poeta Gonzalo Hermo. O libro, titulado Coas costas dobradas (Esquenes vinclades), converteuse nunha referencia actual ao conseguir un dos máis prestixiosos galardóns da lingua catalá, o dos Xogos Florais de Barcelona, no ano 2017. Trátase dunha aposta de Chan da Pólvora por un poeta que ensaia novas formas de enfrontarse ao eu e á colectividade, cunha lingua poderosa e un verso aceirado, onde o brillo é tan intenso como a súa contundencia. Coas costas dobradas agroma nos intersticios dunha realidade onde o desexo é o único código de comunicación posible. Escrito con paixón, co sangue a vibrar e a pel estremecida, este libro explora a experiencia dunha Mallorca xentrificada onde, con todo, aínda é posible admirar a beleza dun ceo estrelado en Calonge, o mar batendo contra os cons unha tarde de vento. Vadell foi gañador con este libro do prestixioso premio Jocs Florals de Barcelona en 2017, que o confirmou como un dos nomes imprescindibles da nova poesía en catalá. Continúe lendo O poeta balear Pau Vadell golpea a linguaxe no seu explosivo libro ‘Coas costas dobradas’
Artigos por datas
- Setembro 2024
- Agosto 2024
- Xullo 2024
- Xuño 2024
- Maio 2024
- Abril 2024
- Marzo 2024
- Febreiro 2024
- Xaneiro 2024
- Decembro 2023
- Novembro 2023
- Outubro 2023
- Setembro 2023
- Agosto 2023
- Xuño 2023
- Maio 2023
- Abril 2023
- Marzo 2023
- Febreiro 2023
- Decembro 2022
- Novembro 2022
- Outubro 2022
- Setembro 2022
- Agosto 2022
- Xullo 2022
- Xuño 2022
- Maio 2022
- Abril 2022
- Marzo 2022
- Febreiro 2022
- Xaneiro 2022
- Decembro 2021
- Novembro 2021
- Outubro 2021
- Xuño 2021
- Maio 2021
- Marzo 2021
- Febreiro 2021
- Xaneiro 2021
- Decembro 2020
- Novembro 2020
- Outubro 2020
- Setembro 2020
- Xullo 2020
- Xuño 2020
- Maio 2020
- Marzo 2020
- Xaneiro 2020
- Decembro 2019
- Novembro 2019