
Dendrita, de Paula Luís, vaise converter nun libro inesperado para moitas e moitos lectores. Inesperado pola linguaxe co que está concibido e polo propio ámbito no que a poeta se acubilla para crear os seus poemas. Pero, sobre todo, polas marcas que o transitan e pola voz envolvente da súa autora. Chan da Pólvora Editora abre a temporada con este volume, unha obra que deixa un sedimento emocional inesquecible. Os seus poemas hipnotizan, estremecen e acarexan nunha única luzada. A forte personalidade de Paula Luís reflíctese nun texto sorprendente pola súa concepción e o insólito da proposta. Estamos ante unha poeta que se escinde para recoñecer e responsabilizarse das personaxes que interpreta. Continúe lendo ‘Dendrita’, o libro más inesperado da temporada

A emoción revivida de Antom Fortes e a voz mordida de Paula Luís foron o fío condutor que o pasado sábado puxo en marcha o programa estival da Horta das Chás, o novo espazo de Chan da Pólvora Editora. No acto, que tiña un aforo máximo para cincuenta persoas, presentáronse os libros dest*s autor*s, Figuras masculinas de meio-corpo e Dendrita, respectivamente, que inician a temporada do selo cunha aposta decidida polas liñas máis ousadas da creación. Xosé María Álvarez Cáccamo presento Figuras masculinas e Estíbaliz Espinosa Dendrita. A intervención de Espinosa incluiu unha evocadora interpretación da aria Ombra mai fu, a célebre composición de Haendel, nun momento de grande intensidade, cos asistentes megullados na vexetación da horta. O deseñador Manolo Martínez e Antón Lopo, director editorial do Chan, fixeron tamén unha pequena memoria dos catro anos de historia do selo –xurdido en 2016– así como do proceso de construción das Chás, un predio de seiscentos metros cadrados dun predio de seiscentos metros cadrados na Corredoira da Fraguas.






