Publicado o

Entusiasta reacción da crítica a ‘Álbum da cuarta dimensión’, de Carlos Lema

Álbum da cuarta dimensión, o novo libro de Carlos Lema, está a converterse nun dos grandes éxitos de crítica deste 2020. En medio da desorientación creada pola pandemia, esta obra de máxima esixencia conceptual recibe unha entusiasta acollida. Armando Requeixo, Ramón Rozas, Roman Raña, Inma Otero ou Mario Regueira son *s autor*s dalgunhas das críticas aparecidas ao longo das últimas semanas, todas elas cunha valoración excepcional. Se Ramón Rozas subliña que “palabras como as propostas por Carlos Lema son un bálsamo, unha redención dese valor primixenio dende o que recoñercernos e incluso dende o que e explorar novas dimensións do que somos”, Inma Otero escribe: “Este Álbum da cuarta dimensión soa. Non só polo traballo artesanal cos fonemas e os ritmos en cada un dos textos. Toda a obra é unha composición musical en tres movementos, os tres apartados do libro.

Continúe lendo Entusiasta reacción da crítica a ‘Álbum da cuarta dimensión’, de Carlos Lema

Publicado o

Mario Regueira adéntrase pola senda da “vizosa efervescencia” da poesía galega

É case un tópico referirse á saúde ducha literatura –asegura o crítico literario e escritor Mario Regueira– pero ao mesmo tempo recoñece no seu artigo sobre a poesía galega publicada no ano 2018 que “a multitude de propostas e as distintas vías de expresión poética inciden novamente na idea dunha vizosa efervescencia, esporeada tamén pola diversidade editorial e comunicativa que a poesía galega forxou nos últimos anos”. O artigo completo de Regueira podedes descargalo desde hoxe en ChanZo, a sección de publicacións dixitais de Chan da Pólvora, dentro da serie que dedicamos a revisar a producción editorial da poesía no período de 2018, “un ano”, engade Regueira, “caracterizado tanto pola persistencia e a diversidade, así como pola ampliación constante de horizontes cara aos que seguir camiñando”.


 

Publicado o

‘Dendrita’, o libro más inesperado da temporada

Dendrita, de Paula Luís, vaise converter nun libro inesperado para moitas e moitos lectores. Inesperado pola linguaxe co que está concibido e polo propio ámbito no que a poeta se acubilla para crear os seus poemas. Pero, sobre todo, polas marcas que o transitan e pola voz envolvente da súa autora. Chan da Pólvora Editora abre a temporada con este volume, unha obra que deixa un sedimento emocional inesquecible. Os seus poemas hipnotizan, estremecen e acarexan nunha única luzada. A forte personalidade de Paula Luís reflíctese nun texto sorprendente pola súa concepción e o insólito da proposta. Estamos ante unha poeta que se escinde para recoñecer e responsabilizarse das personaxes que interpreta. Continúe lendo ‘Dendrita’, o libro más inesperado da temporada

Publicado o

A Horta das Chás, un novo espazo para a poesía de Chan da Pólvora Editora

A emoción revivida de Antom Fortes e a voz mordida de Paula Luís foron o fío condutor que o pasado sábado puxo en marcha o programa estival da Horta das Chás, o novo espazo de Chan da Pólvora Editora. No acto, que tiña un aforo máximo para cincuenta persoas, presentáronse os libros dest*s autor*s, Figuras masculinas de meio-corpo e Dendrita, respectivamente, que inician a temporada do selo cunha aposta decidida polas liñas máis ousadas da creación. Xosé María Álvarez Cáccamo presento Figuras masculinas e Estíbaliz Espinosa Dendrita. A intervención de Espinosa incluiu unha evocadora interpretación da aria Ombra mai fu, a célebre composición de Haendel, nun momento de grande intensidade, cos asistentes megullados na vexetación da horta. O deseñador Manolo Martínez e Antón Lopo, director editorial do Chan, fixeron tamén unha pequena memoria dos catro anos de historia do selo –xurdido en 2016– así como do proceso de construción das Chás, un predio de seiscentos metros cadrados dun predio de seiscentos metros cadrados na Corredoira da Fraguas.

Continúe lendo A Horta das Chás, un novo espazo para a poesía de Chan da Pólvora Editora

Publicado o

Chan da Pólvora Editora inaugura un espazo de verán para celebrar catro anos de poesía necesaria

Chan da Pólvora Editora celebra o próximo sábado día 27 de xuño, a partir das oito do serán, o seu cuarto aniversario de actividade e faino abrindo o espazo da Horta das Chás. Trátase dun predio de seiscentos metros cadrados na Corrredoira das Fraguas, en Compostela, que forma parte dunha extraordinaria contorna comunal de cultivos. As Chás está concibido para acoller os recitais da editora pero tamén como primeiro paso na consolidación dunha sede física, despois de abrir o pasado marzo a súa web. No mesmo acto, presentaranse as dúas primeiras novidades da temporada: Dendrita de Paula Luís e Figuras masculinas de maio-corpo de Antom Fortes, volume ao se lle dedica o Libro do Orgullo Galego 2020, unha iniciativa coa que naceu precisamente a editora no ano 2016.

Continúe lendo Chan da Pólvora Editora inaugura un espazo de verán para celebrar catro anos de poesía necesaria

Publicado o

‘Figuras masculinas de meio-corpo’, de Antom Fortes, Libro do Orgullo Galego 2020

Antom Fortes

Tras permanecer máis dunha década inédito, en 1997 publícase Figuras masculinas de meio-corpo, de Antom Fortes, un libro que abre unha singular vía expresiva na poesía galega dos anos noventa. Agora, vinte anos despois da súa publicación, Chan da Pólvora Editora recupera o texto e dedícalle o Libro do Orgullo Galego 2020, celebración que une a homenaxe ao Estatuto de Autonomía de 1936 e a loita polos dereitos da comunidade LGTBI+, efemérides ambas que coinciden no 28 de xuño.  Ese día, precisamente, a editora compre catro anos de actividade e para celebralo presenta o libro de Fortes na Horta das Chás, en Compostela, nun acto no que participa Xosé María Álvarez Cáccamo e no que tamén se presenta Dendrita de Paula Luís, con introdución de Estíbaliz Espinosa.

Continúe lendo ‘Figuras masculinas de meio-corpo’, de Antom Fortes, Libro do Orgullo Galego 2020