Publicado o

O xornal literario Waxwing publica en inglés cinco poemas de ‘A lentitude’, de María do Cebreiro

Cinco poemas de A lentitude, o libro que María do Cebreiro publicou en Chan da Pólvora Editora no ano 2018, acaban de aparecer no xornal literario americano Waxwing [waswingmag.org], traducidos por Jacob Roberts. Os poemas reflecten, segundo Roberts, esa inclinación que caracteriza á poeta galega de mesturar  as “reflexións esotéricas e filosóficas cunha brevidade case aforística e unha linguaje engaiolante e mística”. En todo o conxunto de A lentitude, engade o tradutor, a poeta invoca a natureza, os elementos, os corpos, as nocións humanas ou as construcións humanas como un espello no que contemplarnos nós mesmos. Os poemas traducidos son O lume, O xeo, Unha cantiga, O Futuro e O Chan.

Así é O lume [páxina 9 da edición de Chan da Pólvora] na tradución ao inglés:

I threw the ring into the river. Some things

are a dead weight. We make

metal objects because we lack faith

in the duration of bonds. I had faith in

water. I thought it would carry away the ring

and guide it to death, darker

and more consistent than life.

The river couldn’t clean away a thing.

There’s no being born again for the newborn,

just as there’s no rebirth for the resurrected.

I sat down on the bank. One side

said: “A river that shifts plants is

a river that drowns them.” The other side

said: “Life has spines but one day,

out of the blue, a flower will bloom.”

What you need is a baptism by fire.

Life, scorched earth. I want to be

like flame, I want to watch the fire burn.

 


 

Publicado o

Verde lombo de dragón para ‘Dendrita’, o libro que inaugura a temporada de Chan da Pólvora Editora

 

Manolo Martínez elixiu un verde lombo de dragón [Pantone 583+negro] para Dendrita, o primeiro libro de Paula Luís e tamén o primeiro da nova temporada de Chan da Pólvora Editora. A sobrecuberta desta obra impactante, onde Paula Luís explora os labirintos da identidade, o funcionamento da mente e o xesto poético, estará vernizada sobre un papel Olim Regular Natural White de 120 gramos, con impresión a dúas tintas. O motivo da cuberta [a sorpresa que cada libro da editora agacha no seu deseño] é un debuxo de Ramón y Cajal, denominado Neurona de Purkinje do cerebro humano. A Paula Luís, o debuxo lémbralle a sucesión de Fibonacci, na que cada número é a suma dos dous anteriores. Esta visión encaixa perfectamente na esencia de Dendrita, que a poeta concibe desde a forza do colectivo. En dez días, o libro chegará ás librarías.


 

Publicado o

A hedra, unha metáfora a través da que Ramón Rozas se achega á poesía galega do ano 2018


A exhuberancia poética non deixa de abraiar no noso sistema literario, asegura Ramón Rozas no artigo para descarga que aparece na sección ChanZo, unha nova entrega da revisión sobre o panorama editorial poético galego do ano 2018 que publicamos nas últimas semanas, e que inclúe unha antoloxía de María Xesús Nogueira.  En palabras do crítico literario do Diario de Pontevedra, trátase dun período de claro avance “nesa conquista permanente na que está enchoupada a nosa poesía nos últimos tempos”. Pero tamén hai unha sombra: “certo é que se seguen precisando lectores”.


 

Publicado o

A poesía está “nun proceso de liberación da forma tradicional”, escribe Antia Monteagudo en ChanZo

Hai tempo que a poesía está a sufrir un proceso de liberación das súas formas tradicionais e de unión a outros medios artísticos. Os poemas, asegura Antía Monteagudo Alonso na nova publicación de ChanZo, non se escriben só con palabras, senón que existe unha multitude de formas e canles nas que poden aparecer. As publicacións galegas de 2018 deron conta desta diversidade e demostraron, a xuízo da investigadora, como cada vez é máis común que o poético dialogue con outras prácticas artísticas como a performance, o cine, a música ou as artes visuais e plásticas. O artigo completo podédelo descargar en ChanZo, dentro da panorámica sobre a poesía do ano 2018 que iniciamos coa antoloxía realizada por María Xesús Nogueira (Dous mil) dezaoito, e o artigo de Miro Villar Sete anotacións para unha lectura (persoal) da poesía galega de 2018.


 

Publicado o

O Día de ‘don Richi’

Durante o proceso editorial de Beleza, verdade, a antoloxía de Ricardo Carvalho Calero que publicamos en Chan da Pólvora, a súa autora, Pilar Palláres, dixo que a poesía de don Richi [como chama ela ao seu outrora profesor] non era o resultado dunha inquietude intelectual senón o efecto da envolvencia da súa posición emocional. Trátase dunha poesía na que a verdade e a beleza coexisten, loitan e afírmanse, dinámica á que non é alleo a apaixonante perfil dun home múltiplo e contraditorio, cunha visión da existencia fundamentalmente relativista. Pilar Pallarés volve a mirada sobre esa poesía e coa súa escolma descóbrenos ámbitos que permanecían case inéditos, como a vertente política, o turbador xogo de máscaras e os paradoxos dunha traxectoria que percorre o século XX coa forza da liberdade. Hoxe, 17 de maio de 2020, é o seu día por fin: o día de don Richi.
Continúe lendo O Día de ‘don Richi’

Publicado o

Paula Luís pecha ‘Dendrita’, a próxima publicación de Chan da Pólvora

Paula Luís pechou esta semana Dendrita, o seu primeiro libro, que publicará en xuño Chan da Pólvora Editora. Dendrita é unha obra impactante, onde Paula Luís explora os labirintos da identidade, o funcionamento da mente e o xesto poético. A forte personalidade da autora reflíctese nun texto que non deixará indiferente a ninguén, sorprendente na sua concepción e na súa insólita proposta. Poucas veces un libro de poemas accede a espazos tan singulares da profundidade humana como Dendrita. Nacida en Vigo en 1981, Paula Luís estudou medicina chinesa e procesamento forestal. Despois de pasar unha longa temporada en Cataluña e transitar por Compostela, vive actualmente en Freixeiro, unha parroquia de Santa Comba. Traballa no ámbito agrícola. Asegura que unha das cuestión que más lle interesan é a neuroloxía. Continúe lendo Paula Luís pecha ‘Dendrita’, a próxima publicación de Chan da Pólvora