Publicado o

Chan da Pólvora súmase ao centenario de Gabriel Ferrater coa publicación de ‘As mulleres e os días’

Este mércores, 26 de xaneiro, preséntanse en Barcelona as celebracións do Any Gabriel Ferrater, ao que Chan da Pólvora contribúe coa publicación das súas obras completas baixo o título As mulleres e os días, con tradución de Manuel Outeiriño. A presentación, que contará coa presenza do comisario da conmemoración, Jordi Cornudella, terá lugar ás doce do mediodía na sala de prensa da Instució de les Lletres Catalanes e poderá seguirse de forma telemática vía Youtube: https://youtu.be/yL2pXZP9WFo

L’Any Gabriel Ferrater lembra o centenario do nacemento do poeta e o cincuentenario da súa morte. O seu obxectivo principal é difundir a súa obra e lograr o máximo o recoñecemento da súa figura.

A edición de Chan da Pólvora será a primeira de Ferrater que se fai en galego e aparece incluída na colección O Río, xunto a obras de Andrew McMillan, John Berger, Anne Michaels ou Louise Glück.


 

Publicado o

O “deslumbrante” impacto que o libro ‘Simún’ deixou no crítico Ramón Rozas

De “deslumbrante” cualifica o crítico Ramón Rozas o libro Simún, de Nuria Vilán Prado, que publicou Chan da Pólvora e que o próximo venres día 28 se presenta na libraría Cartabón de Vigo. Rozas, que publicou a crítica este domingo –día 23– nas páxinas do suplemento Tabla redonda de Diario de Pontevedra, subliña que Simún é un vigoroso brazado de versos que nos levan por unha travesía complexa, da dor e do descobrimento”.

Continúe lendo O “deslumbrante” impacto que o libro ‘Simún’ deixou no crítico Ramón Rozas

Publicado o

Nuria Vilán Prado presenta o día 28 de xaneiro na libraría Cartabón de Vigo os poemas de ‘Simún’

Simún, o libro que Nuria Vilán Prado acaba de publicar en Chan da Pólvora, preséntase o venres 28 de xaneiro na libraría Cartabón de Vigo (Rúa de Urzaiz, 125), nun acto que comezará ás oito da tarde. A autora, coñecida ata agora como unha das mestras da poesía oral galega co alcume de Nuria Vil, estará acompañada pola poeta María Lado, ademais do responsable de Chan da Pólvora, Antón Lopo.

Na súa sorprendente estrea literaria, Nuria Vilán non só indaga na poesía desde distintos ángulos, senón que fai un exercicio de coherencia entre a oralidade da súa orixe e as posibilidades da escrita. Poucas veces se dá un debut tan excepcional. Os seus versos, construídos co mesmo vento abrasador que lle dá título ao libro, móvense entre o imprevisible e o cataclismo, entre o atrevemento e a loita cotra unha mesma como índice de xenialidade. Fermoso, intenso e fascinante.


 

Publicado o

Tras quince anos de silencio, Anxo Angueira regresa á poesía con ‘Palmeiras, piueiros’

Palmeiras, piueiros é o título que elixiu Anxo Angueira para regresar do seu silencio poético, que duraba xa quince anos. A portada do libro publícase hoxe, 13 de xaneiro, o día no que el cumpre 61 anos e cando os seus poemas comezan a andaina da difusión. “Este libro [sublíña Angueira no colofón do volume] rematouse de imprentar o 20 de decembro de 2021, día en que chegou o AVE a Ourense, en que celebramos a vitoria da esquerda en Chile e en que conmemoramos a estrea en 1907 do Himno Galego na Habana”.

Pero Palmeiras, piueiros non rompe só un prolongado silencio senón que tamén ofrece unha perspectiva poética global do autor. “Calquera fronteira que poidades imaxinar ou coñecer, calquera cicatriz que en falso fose cosida é rebentada pola forza desta escritura”, asegura Chus Pato respecto dos poemas de Angueira nas achegas das Contornas que pechan o volume, apartado que comparte coa reveladora entrevista de Xabier Cordal e a autopoética do propio Angueira.

Continúe lendo Tras quince anos de silencio, Anxo Angueira regresa á poesía con ‘Palmeiras, piueiros’

Publicado o

Saudámoste, Fran Cortegoso: Diario de Pontevedra salienta a plaquette de Paulo Fidalgo

«Eu non coñecín a Fran. Non fun amigo del. E penso que nin sequera temos demasiadas cousas en común», confesa Pablo Fidalgo no encabezamento do artigo que este martes día catro de xaneiro lle dedicou Belén López nas páxinas de cultura do Diario de Pontevedra. Nel sublíñase que Fidalgo (Vigo, 1984) acaba de publicar  Je vous salue, Fran Cortegoso, por encargo da editorial Chan da Pólvora, en homenaxe ao autor de Bora falecido aos 31 anos (1985- 2016), autor dos poemarios Memorial e danza e Suicidas.

Continúe lendo Saudámoste, Fran Cortegoso: Diario de Pontevedra salienta a plaquette de Paulo Fidalgo