Nuria Vilán Prado, máis coñecida nos circuítos da poesía oral galega baixo o seu alcume de Nuria Vil, dá o salto ao formato libro con Simún, o seu primeiro poemario, publicado por Chan da Pólvora. Trátase dunha edición numerada de 250 exemplares numerados que este xoves, día 17 de marzo, se presenta na libraría de Númax a partir das oito do serán. Canda A autora, estará unha das súas colaboradoras inseparables: Vanessa Glemsel. O volume recolle a paixón pola calidade da edición e a innovación de Chan da Pólvora, con cromatismos ácidos e xogos de perspectivas nos troqueis,aliados cun texto destinado a converterse na gran revelación do ano.
Nuria Vilán presenta o volume este xoves día 17 de marzo na libraría de Númax, nun acto onde estará acompañada por unha das súas máis estreitas colaboradoras, Vaness Glemsel, outra das poetas emerxentes que actualmente traballan en Galicia.
Chan da Pólvora Editora publica Simún despois de que Nuria Vilán Prado formase parte do volume Dentes para a mazá, unha antoloxía de poetas en formación onde compartía espazo con Iago González, Alexandre Fernández, Eilún del Pazo, Daniel Amarelo ou a propia Vanessa Glemsel, creadora esta última coa que Vilán Prado forma unha asombrosa alianza artística de poesía escénica.