


Palmeiras, Piueiros, o libro que marca o regreso de Anxo Angueira á poesía tras case quince anos de silencio poético, reunirá o vindeiro mércores catro de maio en Compostela ao seu autor con Chus Pato, unha das poetas máis admiradas da poesía contemporánea galega. Canda eles estará Sechu, músico que ao longo dos últimos meses acompaña a Angueira nos seus recitados. Será na libraría Couceiro a partir das sete e media da tarde. Palmeiras, ípiueiros non é só dun regreso de Angueira: estamos ante unha visión global sobre o autor que Chan da Pólvora publica no seu sesenta aniversario e no que o acompañan as esculcas reveladoras da propia Chus Pato punto a Xabier Cordal.

A Fundación Luís Seoane da Coruña acolle este xoves día 28, a partir das 20 horas a presentación de O caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan da Pólvora, neste caso realizada xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, o autor estará acompañado de Carmen Abella, Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro.


