A Horta das Chas, o espazo alternativo en Compostela para a poesía que creou Chan da Pólvora Editora, acolle este venres día 26, a partor das 19.30, o recital de Afonso Tranficante, poeta que desenvolve a súa obra entre a paixón do poema e a envolvencia da música. O recital chega un día despois de que Emma Couceiro presentase na horta (o xoves día 25) os seus novos poemas, cos que rompeu unha década de silencio. Fiel á sua esculca característica, Traficante ofrecerá no seu recital unha novidosa proposta que mestura a música electrónica e a poesía, na que é a súa primeira experiencia pública co tecno.
Continúe lendo O poder electrónico da poesía de Afonso Traficante desembarca na Horta das Chas