Neve de agosto, o libro de Nieves Neira que serviu de referencia ao relanzamento da colección Sentulo de Chan da Pólvora, esgotou en só dous meses a súa primeira edición. Aprezado entre *s lector*s, loado pola crítica e recomendado por autoras como Miriam Ferradáns como un dos mellores poemarios do ano, Neve de agosto fai homenaxe ao seu título e neste mes de rigorosa calor percorrerá as terras orientais de Galicia nunha xira de presentacións que cumina o sábado 27 no festival dos Eidos, a cita anual que convoca en Parada do Courel a Fundación Uxío Novoneyra. Previamente, estará o día 18 en Becerreá, o día 22 no Corgo e o 24 de agosto na Feira do Libro de Monforte, dentro dun acto organizado por Chan da Pólvora onde tamén se poderán escoitar os poemas de Nuria Vilán Prado, autora dun dos títulos xa de culto da poesía galega actual, Simún.
Continúe lendo ‘Neve de agosto’ fai que en agosto neve a palabra oscilante de Nieves Neira Roca