Manuel Darriba (Sarria, 1973) non só é autor de exitosas novelas como O bosque é grande e profundo (2013) ou guionista dalgunhas das series máis populairs da TVG como Serramoura. Tamén escribe poesía e Radiante é o título da súa entrega máis recente. Publicada por Chan da Pólvora Editora nunha coidada edición, cun formato de libro obxecto tan deliciado como escintilante, Radiante chega precisamente esta semana ás librarías.
Chan da Pólvora fai unha aposta decidida este outono e presenta cinco títulos de forte pegada, entre eles Radiante, o último poemario de Manuel Darriba, un dos autores máis admirados da literatura galega actual. Canda el e da man de Chan da Pólvora chegan tamén estes días ás librarías Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero) de Marta Dacosta; a reedición de Os teus dedos na miña braga con regra, o máis provocador libro de Lupe Gómez; o debut de Iago González, O lugariño, e A falta dun Edén, a terra, o primeiro libro da activista e slamer Mercedes Martínez Modroño.
Continúe lendo ‘Radiante’, un libro obxecto para irradiar o último poemario de Manuel Darriba