A palabra e a voz son un principio de pracer en Palmeiras, piueiros, o libro co que Anxo Angueira regresa á poesía tras quince anos de silencio. Porén, non se trata só dun regreso: estamos ante unha visión global sobre o autor que Chan da Pólvora publica no seu sesenta aniversario e no que o acompañan as esculcas reveladoras de Chus Pato e de Xabier Cordal. Este luns, sete de febreiro, preséntase en Braga, como apertura da oitava edición das Convergências Portugal-Galiza, nun acto que contará coa intervención de José Cândido de Oliveira Martins.
Continúe lendo Anxo Angueria abre con ‘Palmeiras, piueiros’ as Convergências Portugal-Galicia