Publicado o

‘As cunhas baleiras’, de Branca Novoneira, entre os libros máis vendidos do ano na lista de Numax

As cunchas baleiras, libro que marcou o regreso á poesía de Branca Novoneyra tras unha longa ausencia, figura entre os libros máis vendidos da libraría de Numax (en Santiago de Compostela) durante o ano 2023. Numax fixo pública estes días a lista, compuesta por doce títulos entre os que só figura outro volume de poesía, Os mil e un días de Carmen Villar.

As cunchas balearas, editado por Chan da Pólvora, recolle poemas que Branca Novoneyra escribiu ao longo da última década e, en certo modo,  este libro funcionaría como unha antoloxía onde aparecen os poemas que, ao seu xuízo, resistiron esa peneira do tempo. Branca Novoneyra está a favor do silencio poético para encontrar a palabra xusta. Non lle interesa producir libros, senón concentrar a palabra, tensala, probala no tempo e, se é verdadeira, logo gardala. Interésalle a linguaxe simbólica e mítica da poesía da imaxinación, a utilidade da beleza da que fala Kathleen Raine, a mente salvaxe de Gary Snyder e o pensamento raposo de Ted Hughes.


 

Publicado o

Os mellores versos de Francisco Cortegoso, o poeta que atravesou a vertixe da vida e da poesía

Francisco Cortegoso e Isolda Santiago son dous dos escritores que, desde xeración distantes, influíron de maneira decisiva na poesía galega das ultimas décadas e que, algún xeito, lograron entrar no universo dos poetas de culto. Agora, Chan da Pólvora recupera estas dúas inmensas personalidades en Escrita Oculta –con obras inéditas da escritora– e Nocturno de verán e outros poemas, colleita onde se reúnen os derradeiros textos dun poeta que publicou dous únicos libros, suficientes para elevalo á categoría de lenda. 

Nos meses previos á súa morte, Francisco Cortegoso (Bora, Pontevedra, 1985-2016) escribiu unha serie de poemas que a xuízo de Gonzalo Hermo, amigo do poeta e coordinador do volume que publica Chan da Pólvora, figuran entre “os seus mellores versos”. Agora, estes textos reúnense baixo o título de Nocturno de verán e outros poemas, nunha edición onde tamén se recuperan as dúas separatas que publicou en vida, Ningún home no suplemento Revista das Letras e Encarnación. na revista Grial. En Nocturno de verán atopamos un Cortegoso que non pensa en formato libro, senón que concibe o poema como se fose unha esfera, unha unidade de sentido que só remite a si mesma. Isto supón unha importante novidade na súa obra que o lector saberá xulgar no seu alcance. A súa poesía, en calquera caso, brilla xa para sempre na estela dos grandes poetas da literatura galega.

Francisco Cortegoso (Bora, Pontevedra, 1985-2016) publicou xa en Chan da Pólvora o que sería o seu derradeiro libro, Suicidas, aparecido un día antes da súa morte e hoxe considerado o seu libro capital. No 2013, conseguiu o Premio Pérez Parallé con Memorial e danza, editado ese mesmo ano por Espiral Maior, uns poemas nos que se movía entre as escenografías da revelación, o campo nutricio da rosa e a disolución da paisaxe bravía. Posteriormente, duele ao prelo Suicidas, que Cortegoso escribiu entre os vinte e os vintecinco anos. O volume, con textos xurdidos dunha lectura de distintos escritores suicidas, foron a resposta dun autor insurxente ante un dilema clave na literatura: a consciencia de como a palabra nos forza a ser violentos. Chan da Pólvora tamén publicou Je vous salue, Fran Cortegoso, unha homenaxe de Pablo Fidalgo ao autor, elaborada a partir dun formato performático.


 

Publicado o

‘Escrita oculta’ de Isolda Santiago, o libro da muller que cambiou a forma de escribir o poema

Cando todo semella  previsible, aparecen libros que nos reconcilian coa capacidade asombrosa da poesía. Ese é o caso de dous volumes que este mes de decembro achega Chan da Pólvora ás librarías: Escrita oculta de Isolda Santiago e Nocturno de verán e outros poemas de Francisco Cortegoso. Ambos non só teñen en común o feito de aparecer na colección Cova da Lontra, senón que recuperan as figuras lendarias de dúas personalidades que cambiaron a forma de entender o poema na literatura galega entre finais do século XIX e principios do XX.

Isolda Santiago é unha das autoras máis esvaradías e inclasi cables da xeración dos noventa. Tras 25 anos de silencio, rompe o veo que a cubría e ofrécenos a súa Escrita oculta, que funciona como un libro obxecto onde a súa poeratada, por momentos, se converte nun xogo de ocultamento e revelación. O volume onde reúne dous libros inéditos, Cando levante a brétema e Correspondencia. O primeiro valeulle en 1998 o Premio Avelina Valladares pero, por unha serie de atrancos administrativos, nunca saiu á luz. O feito alimentou ao seu arredor un halo de misterio que agora se esvae na explosión de humor e sabedoría literaria dos seus poemas. Correspondencia é coetáneo pero ten unha raíz máis biográ ca: unhas cartas que intercambiou “nun inverno efervescente, de pura exaltación literaria”. Escrita oculta non só redimensiona a gura de Isolda Santiago na paisaxe literaria da súa época senón que lle revela á xente nova unha voz a ben seguro desco- ñecida. Ao mesmo tempo, o libro convértese no antecedente máis claro dos camiños abertos pola escrita das mulleres desde comezos do século XXI.

Isolda Santiago (neste artigo aparece retratada por Rober Bass)atravesou os anos noventa da poesia galega cunha cárrega poderosa de rebelión e intelixencia. Deuse a coñecer en 1993 con Flor de tan mal xardín, que lle valeu o Premio Fermín Bouza Brey e que a converteu nada máis publicarse nunha referencia xeracional. Despois apareceu Berce de Estampas (1998) ou traballos en obras colectivas como Carpeta 8 e medio. Tamén deixou os seus versos na entrega Látex do suplemento Chineses do xornal Galicia Hoxe. A súa escrita pode rastrexarse en revistas como Festa da Palabra Silenciada. Levaba sen publicar un libro desde de Bestiario (1998). 


 

Publicado o

Reixa libera este xoves 14 en Vigo a súa performance ‘Acción Anakoluto’

Antón Reixa libera este xoves, 14 de decembro, unha carga de profundidade en Vigo coa performance Acción Anakoluto, eixo do seu novo libro 2ª man, editado por Chan da Pólvora. Será a partir das 20 horas en Discos Río Lagares (Rúa Falperra 16) como parte dunha presentación na que tamén intervirán o escritor Xavier Queipo e Antón Lopo, director da editora.


 

Publicado o

‘A liña da vida’, o libro máis esperado de Xosé María Álvarez Cáccamo, preséntase o día 29 en Wells

Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da Pólvora, convértese no seu máis esperado regreso. O libro preséntase o vindeiro día 29 de novembro, a partir das sete da tarde, na libraría Wells de Cangas, coa presenza de Luís López Alonso e Antón Lopo, director da editora. Sen dúbida, A liña da vida non defraudará aos abondosos seguidores deste autor, considerado unha das figuras centrais da poesía galega das últimas décadas.

Continúe lendo ‘A liña da vida’, o libro máis esperado de Xosé María Álvarez Cáccamo, preséntase o día 29 en Wells

Publicado o

Oriana Méndez leva as suas ‘chairas sucesións’ a Compostela o día 23 e a Vigo o día trinta

Oriana Méndez, unha das autoras xa clave na nova poesía galega, comeza este xoves día 23, na Sala Numax de Compostela, a campaña para presentar o seu novo libro, chairas sucesións, obra na que refunda a súa singular proposta de linguaxe e de forma poética. O libro, que acaba de publicar Chan da Pólvora, tamén se presenta o día trinta de novembro, a partir das oito da tarde, na libraría cartabón de Vigo.

Continúe lendo Oriana Méndez leva as suas ‘chairas sucesións’ a Compostela o día 23 e a Vigo o día trinta