Cando se van cumprir 55 anos do seu primeiro poemario, Margarita Ledo Andión percorre para Chan da Pólvora as arestas da súa poética en Prefiro condenarme, título que coincide co do seu último documental, de estrea inminente en outono. O volume, con pezas inéditas como os seus poemas a Monforte de Lemos, preséntase este maretes 10 de setembro, a partir das 20 horas, na Sala Numax de Santiago de Compostela. No particpará Luís Moscardó, autor das ilustracións que acompañan o texto o texto na sección Contornas, onde tamén se pode ler o ensaio de Eva Veiga Da fenda e do desexo.
Ano: 2024
Chan da Pólvora renova a aposta pola poesía en Monforte con Jose||González, Fortes e López Alonso
Un ano máis, Chan da Pólvora aposta pola cultura en Monforte e ofrece un programa específico para a súa Feira do Libro, onde se presenta desde hai oito anos con algunhas das propostas poéticas máis relevantes do país. Nesta ocasión, o programa concéntrase no día 22 de agosto, a partir das 19.30, e inclúe a presentación de Unha casa con ela, o primeiro poemario de Jose||González, narrador monfortino que ata agora só publicaba novela en castelán. Canda el estarán dous poetas moi vinculados a Chan da Pólvora: Antóm Fortes e Luís López Alonso, cun recital sobre os seus libros ‘Trânsito’ e ‘Salífero’.
‘Neve’ de Brenda Mondelo preséntase este venres 23 de agosto na Casa da Cultura de Pedrafita
Neve, o libro co que Brenda Mondelo gañou a ultima edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro, preséntase este venres día 23 de agosto na Casa da Cultura de Pedrafita a partir das oito da tarde. O volume está editado por Chan da Pólvora dentro da súa colección específica ELBa, dedicada ao galardón poético, un dos máis prestixiosos dos que se orfganizan en Galicia.
Margarita Ledo percorre 55 anos da súa poesía no volume ‘Prefiro condenarme’
Margarita Ledo publicou en 1970, aos dezanove anos, o seu primeiro libro, Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto, un poemario sorprendente que editou Xistral e que marcaría o incio dunha das traxectorias creadoras máis singulares das últimas décadas en Galicia. Agora, cando se van cumprir os 55 anos desta publicación, a autora percorre para Chan da Pólvora as arestas da súa poética en Prefiro condenarme, título que coincide co do seu último documental, de estrea inminente en outono. O volume, con pezas inéditas como os seus poemas a Monforte de Lemos, preséntase este mércores 31 de xullo, a partir das 19 horas, na Casa da Galería, a fundación que está a crear na súa vila natal, Castro de Rei. Ese mesmo día, inaugúrase tamén o seu espazo expositivo cunha serie de traballos de Luís Moscardó inspirados na obra literaria da autora.
Continúe lendo Margarita Ledo percorre 55 anos da súa poesía no volume ‘Prefiro condenarme’
Chan da Pólvora lembra vinte anos sen Manuel María cun libro sobre a súa relación con Quiroga
Cúmprense vinte anos do falecemento de Manuel María e Chan da Pólvora lémbrao cun volume do historiador Xosé Estévez que recolle as relacións entre o escritor chairego e o Val de Quiroga, de onde era a súa avoa e ao que lle dedicou varios dos seus poemas, incluído un libro de sonetos. O libro está promovido polo Concello de Quiroga e preséntase o mercores 24.
A Casa da Cultura de Quiroga acolle este mércores 24 de xullo, a partir das sete da tarde, a presentación de Manuel María e o Val de Quiroga, unha obra de Xosé Estévez que recompila as relacións entre o poeta chairego e a xenuína xeografía deste val da Ribeira Sacra con personalidade propia. O volume, que foi promovido polo propio Concello de Quiroga, conta tamén co apoio doutras institucións da rexión, como os concellos de Pantón, Sober e Monforte.
Ademais dos seus Sonetos ao Val de Quiroga, Manuel María (na fotografía cando recibiu de mans de Xoán Rolo a insignia da Irmandade de Fillos e Amigos de Quiroga) escribiu extensamente sobre a comarca. Publicou artigos sobre Montefurado, sobre os antigos bares de Quiroga, sobre os personaxes populares da comarca, como a bruxa de Torbeo ou sobre O Penela, un gaiteiro moi pequeniño que subía ao tren en Ponferrada e tocaba a gaita durante toda a viaxe ata Monforte. Tamén escribiu un conto titulado O Kricói está no Cereixal, que está ambientado nunha aldea de Quiroga que se chama realmente así e que xa quedou deshabitada nos anos sesenta. A súa avoa, Consuelo Casanova, nacera nese concello e nel tiña tamén varuos familiares.
En Manuel María e o Val de Quiroga, Xosé Estévez non fai só o enxalzamento do poeta chairego, autor referencial na poesía galega da posguerra, senón que nos achega unha vibrante homenaxe ao Val de Quiroga como patria natal e eido poético da Ribeira Sacra. A súa suxerente proposta, cun amplo despregamento documental, convér- tese deste xeito nun exercicio de memoria onde a obra quiroguesa de Manuel María serve de ponte entre o sentimento local e o senso colectivo da patria.
Xosé Estévez [Quiroga, 1943] é diplomado en Estudos Eclesiásticos, licenciado en Filosofía e Letras pola Complutense de Madrid e Doutor pola Universidade de Deusto, da que foi profesor de Historia Moderna e contemporánea desde 1973 ata 2011. Autor prolí co, con case cen títu- los publicados, duceas de artigos cientí cos e máis de seiscentas colaboracións periodísticas, Estévez recibiu en 1999 o Pedrón de Honra polo seu labor de difusión da cultura galega en Euskal Herría, ademais de homenaxe da Asociación Galeusca polo seu labor a prol da unión entre as tres Galiza, Euscadi e Catalunya. Tamén mereceu en 2017 o XII Premio Galiza Mártir da Funda- ción Alexandre Bóveda e o III premio Manuel Murguía da Revista Murguía e do Instituto Gale- go de Historia. O último dos seus libros publica- dos é Galeuzca. La periferia contra el páramo (Editorial Nabarralde, Ireñea, 2023).
Dúas novas presentacións selan a alianza de Chan da Pólvora coa libraría Wells de Cangas
O verán en Chan da Pólvora técese en alianza coa Wells de Cangas e, como cada ano, a editora programa de novo na libraría as súas presentacións. A primeira cita será este sábado seis de xullo, a partir das 12,30 do mediodía, cun acto de Genaro da Silva, Antóm Fortes e Luís López Alonso, que se unen como a Trinca para achegarlle á afección os seus últimos poemarios: Gacela, Trânsito e Salífero, publicados na colección Sentulo de Chan da Pólvora (previamente, a Trinca estará o día cinco de xullo, a partir das nove da noite, na Festa dos Libros de Pontevedra).
A segunda das presentacións terá lugar o xoves 11 de xullo ás oito da tarde. Breogán Xague tarerá a Wells (Praza do Arco 5, Cangas) o seu libro Todos os lonxes, co que a editora encetou a actual temporada. Xague estará acompañado por Ismael Ramos.