Publicado o

Román Raña presenta este xoves 14 en Librouro de Vigo a súa antoloxía poética do ano 2020

Román Raña Lama oi o encargado de realizar en 2020 a antoloxía que anualmente publica Chan da Pólvora da poesía galega e que este xoves, día 14 de marzo, se presenta no espazo de Librouro, en Vigo (rúa Eduardo Iglesias, 12) a partir das oito da tarde. No volume, titulado A poesía das diversidades (Os poemas que lemos en 2020) e incluído na colección Sentulo, Raña Lama non só se enfronta a unha visión global do panorama poético e antologa os libros que máis lle interesaron dos aparecidos en 2020, senón que engada unha anlaise singular de cada un dos títulos seleccionados. O resultado é unha proposta ampla e riquísima onde se subliña o avance da diversidade na esculca da linguaxe poética. Libros coma este, de crítica literaria e tamén de difusión, supoñen unha achega crucial para a literatura.