Basáticas, a antoloxía de Ana Romaní que acaba de publicar o selo Batiscafo , preséntase o próximo xoves 25 de abril en Compostela (libraría Lila de Lilith) nun acto que comezará ás sete da tarde e no que, ademais da autora, participará Helena González, encargada da edición e da tradución dos poemas. Trátase do terceiro libro de Batiscafo, “editorial de inmersión” que xurdiu para potenciar a tradución dos poetas que escriben en galego e crear unha liña de incidencia nos ámbitos de lectura en castelán. Antes de Basálticas chegaron ás librarías españolas os Seis poemas galegos de Lorca e O mundo dos vivos de Samuel Solleiro.
Continúe lendo Ana Romaní presenta en Compostela a súa antoloxía ‘Basálticas’, editada por Batiscafo