Publicado o

Margarita Ledo presenta en Numax o martes 10 de setembro a súa antoloxía ‘Prefiro condenarme’

Cando se van cumprir 55 anos do seu primeiro poemario, Margarita Ledo Andión percorre para Chan da Pólvora as arestas da súa poética en Prefiro condenarme, título que coincide co do seu último documental, de estrea inminente en outono. O volume, con pezas inéditas como os seus poemas a Monforte de Lemos, preséntase este maretes 10 de setembro, a partir das 20 horas, na Sala Numax de Santiago de Compostela. No particpará Luís Moscardó, autor das ilustracións que acompañan o texto o texto na sección Contornas, onde tamén se pode ler o ensaio de Eva Veiga Da fenda e do desexo.

Continúe lendo Margarita Ledo presenta en Numax o martes 10 de setembro a súa antoloxía ‘Prefiro condenarme’