
Román Raña encargouse de realizar en 2020 a antoloxía que anualmente publica Chan da Pólvora da poesía galega. O proxecto, que quedou conxelado polas circunstancias da pandemia, recuperámolo agora e, ademais, dámoslle ao traballo a forma de libro e non unicamente de edición dixital. As características da entrega realizada por Román Raña non son para menos: o autor e crítico non só se enfronta a unha visión global do panorama poético e antologa os libros que máis lle interesaron dos aparecidos en 2020, senón que engade unha análise singular de cada un dos títulos seleccionados. O resultado é unha proposta ampla e riquísima onde se subliña o avance da diversidade na esculca da linguae poética, de ai o título A poesía das diversidades (Os poemas que lemos en 2020). Libros coma este, de crítica literaria e tamén de difusión, supoñen unha achega crucial para a literatura.
Continúe lendo Román Raña recolle a poesía das diversidades que chegaron ás librarías en 2020




