Publicado o

Emma Couceiro presenta este venres 28 en Numax con Alba Cid o seu libro ‘Pobreza de espírito’

Emma Couceiro presenta este venres en Numax, en Compostela, a partir das 20 horas,  Pobreza de espírito, o seu esperado regreso á poesía tras máis de dez anos silencio. Canda ela estará a poeta Alba Cid, coa que manterá un diálogo sobre un libro atravesado por conceptos como éxito, fracaso ou meritocracia. Pobreza de espírito, unha proposta reveladora e implacable, concibido desde a máxima esixencia literaria, tracexa unha especie de glosario técnico ou especializado na disciplina de “ser unha persoa de proveito”. 

Publicado o

Emma Couceiro presenta ‘Pobreza de espírito’ o venres 14 na libraría Moito Conto da Coruña

Foron anos dun proceso “lento e envelenado” que deu como resultado Pobreza de Espírito, o libro publicado por Chan da Pólvora co que Emma Couceiro regresa á poesía tras unha década de silencio. O libro preséntase este venres 14 de febreiro, a partir das 19 horas, na libraría Moito Conto da Coruña coa compaña da poeta e editora Dores Tembrás, encargada de presentalo. No seu regreso, a autora non só foi depurando e interiorizando o ritmo dos seus versos, senón que tamén nos propón unha reflexión sobre certos valores de ampla aceptación social que nos permiten converternos “nunha persoa de proveito”, como o éxito ou o fracaso. Deste xeito, a lectura de Pobreza de espírito conxuga a madurez formal de Emma Couceiro coa súa capacidade de indagación, sutil na aserción, inclemente no seu fondo corrosivo.

Continúe lendo Emma Couceiro presenta ‘Pobreza de espírito’ o venres 14 na libraría Moito Conto da Coruña

Publicado o

Séchu Sende presenta este venres 7 de febreiro na Gentalha do Pichel o seu ‘Passa-montanhas’

Esta sexta feira sete de febreiro, preséntase na Gantalha do Pichel, en Compostela, a partir das sete da tarde, o libro Passa-montanhas de Séchu Sende, un lanzamento co que Chan da Pólvora iniciou o ano 2025. Baixo o lema “festa e revoluçom”, o autor convoca un acto onde el mesmo lerá algúns dos poemas do volume pero no que tamén haberá unha techno-regueifa e pandeiretada, ademais de rosca e empanada para pechar o encontro.

Continúe lendo Séchu Sende presenta este venres 7 de febreiro na Gentalha do Pichel o seu ‘Passa-montanhas’