Publicado o

‘Xa é día grande’, o reencontro co apaixonado mundo de Emilio Araúxo

Estes días, coincidindo co aniversario de Chan da Pólvora, a editora pon nas librarías Xa é día grande, o novo libro de Emilio Arauxo, que aparece na Colección N. O libro supón o reencontro cun dos autores máis apaixonantes da poesía galega contemporánea e unha nova entrega da crónica que desde hai anos realiza sobre a identidade do pobo galego no nadir da súa desaparición.

Xa é día grande é unha proposta insólita. O seu autor, Emilio Araúxo, trasládanos a un lugar onde os seres e os xestos están substraídos á visibilidade ordinaria da vida. Poderíase dicir que os xestos están mortos e, porén, permanecen aí, habitando outra temporalidade. Baixaron á lama, ao esterco, ao aleatorio caeron no [Principio de Guyotat] e penetraron a escuridade do inmemorial. Nese lugar de dimensión inapreixable apagan a candea dos devaiceiros. Nunca como neste libro, Arameo nos descu- bre a nudez da súa proposta poética. Estamos ante un libro imprescindible na comprensión da súa traxectoria: esa luz que unicamente transmite a palabra. 

Emilio Araúxo

Emilio Araúxo (Coles 1946) traduce e escribe, desde o Lalín onde reside, un complexo catálogo de poemas e colleitas centrados no mundo labrego. Des que en 2001 funda a revista de poesía Amastra-n-gallar desenvolve en paralelo unha continuada acción fotográfica. En Chan da Pólvora, publicou a edición de varios textos de Franco del Carro para o volume Insoklúbel, o conxunto de poemas Seica si, dentro da Colección N e Libro da Ribeira Sacra, incluído no selo Biblioteca de Mesopotamia.


 

Publicado o

‘Mapa da estría’, de Andrea Nunes, “un símbolo do corpo extenso que somos”

Este sábado 28 de xuño, a partir das sete da tarde, preséntase na Horta das Chas (Corredoira das Fraguas 37, soto, en Compostela) Mapa da estría, de Andrea Nunes Brións, o libro co que Chan da  Pólvora celebra o Día do Orgullo Galego, coincidindo co aniversario da súa creación. “Andrea Nunes traza neste libro un itinerario vital e poético, a poética da estría, o símbolo do corpo extenso que somos”,  asegura Ana Romaní, que conversará coa autora nun acto onde tamén estará Alba María acompañando a autora no recital. A xornada, que servirá tamén para lembrar a reivindicación dos dereitos lgtbi e o primeiro estatuto de autonomía de Galicia, está precedida dunha homenaxe a María Salvado López, vinculada á fundación do proxecto editorial e impulsora da horta como espazo eco-poético.

Continúe lendo ‘Mapa da estría’, de Andrea Nunes, “un símbolo do corpo extenso que somos”

Publicado o

Homenaxe a María Salvado no aniversario de Chan da Pólvora, un proxecto que ela impulsou

O próximo sábado 28 de xuño, Chan da Pólvora non só celebra o seu aniversario senón tamén unha homenaxe a María Salvado López, vinculada ao proxecto poético no que se xeraron a editora, a libraría e máis a experiencia do Muro Döchán. O acto, que comenzará ás 19 horas na Horta das Chas (Correoira das Fraguas 37, soto) cun programa onde se integra a presentación do Mapa da estría de Andrea Nunes Brións, contará coa participación de Nenoso Ortiz de Galisteo, Zelta Laia, Teresa Núñez, Juan de Nieves e Soedade Noia. Con eles percorreremos algunhas das vertentes da apaixonada personalidade de María Salvado, que faleceu o pasado 11 de novembro. Asa súas cinsas, precisamente, foron depositadas nun dos socalcos da Horta das Chas.

Continúe lendo Homenaxe a María Salvado no aniversario de Chan da Pólvora, un proxecto que ela impulsou

Publicado o

Chan da Pólvora celebra o Día do Orgullo Galego co ‘Mapa da estría’ de Andrea Nunes

Coa publicación do Mapa da estría, de Andrea Nunes Brións, Chan da  Pólvora celebra o próximo sábado 28 de xuño  o Día do Orgullo Galego. A editora non só festexa a unha autora referencial senón tamén o aniversario da súa propia fundación. A xornada serve ademais para lembrar a reivindicación dos dereitos lgtbi e a efeméride do primeiro estatuto de autonomía de Galicia. A presentación correrá a cargo de Ana Romaní e comezará ás 19 horas na Horta das Chas. Estará precedida dunha homenaxe a María Salvado López, vinculada á fundación do proxecto editorial e impulsora da horta como espazo eco-poético.

Continúe lendo Chan da Pólvora celebra o Día do Orgullo Galego co ‘Mapa da estría’ de Andrea Nunes