Publicado o

Chan da Pólvora e papeles mínimos publican os novos poemas de Ismael Ramos

A superficie é o título co que Ismael Ramos agrupou os seus poemas máis recentes, cos que acaba cinco anos de silencio na poesía. Chan da Pólvora e papeles mínimos publícan os textos nunha plaquette artesanal como contribución á alianza dos dous selos desde hai dez anos. A superficie arranca dun diálogo de Ismael Ramos con Peter Handke no seu Poema á duración, concepto bergsoniano co que o Nobel austríaco se refire aos intres onde o tempo se experimenta con plenitude e a vida emerxe nel cun estado puro. Ramos opta pola superficie como “esa única raíz que sostén á silveira, por moito que ela teime en crear un relato, unha biografía” e faino consciente de vivir nunha era de materialidades dixitais. Os cinco poemas visionarios que agora publican Papeles Mínimos e Chan da Pólvora son o primeiro banzo dun camiño novo que Isamel Ramos explora sobre o desprazamento radical do eu ao plano último. Trátase dunha inquietante proposta sobre os fragmanetos da sitaxe na mirada e os tempos do poema.

Continúe lendo Chan da Pólvora e papeles mínimos publican os novos poemas de Ismael Ramos

Publicado o

Braulio Vilariño fai unha lectura de ‘Días de bestaxe’ este martes 28 de xullo en Porto de Bois

As Casiñas Porto de Bois, en Palas de Rei, acollen este martes 28 de xullo unha lectura de Días de bestaxe, o libro no que Braulio Vilariño amosa por vez primeira o seus poemas. O acto coincide, ademais, co día no que o autor cunpre 69 anos e faino precisamente nunha caste de homenaxe á memoria da resistencia cultural galega, xa que neste espazo de grande valor simbólico tivo lugar a batalla de Porto de Bois, preto do río Pambre, onde Galicia quedou sometida militarmente a Castela.

Continúe lendo Braulio Vilariño fai unha lectura de ‘Días de bestaxe’ este martes 28 de xullo en Porto de Bois

Publicado o

Mario Regueira presenta o día 22 ‘Good-bye, Galicia’, a poesía reunida de Euxenio Montes

Good-bye, Galicia é o título co que Mario Regueira reúne para Chan da Pólvora a poesía galega e os ensaios de Euxenio Montes, un dos primeiros escritores vangardistas da literatura galega e, tamén, unha das figuras máis controvertidas da historia do século XX, período no que pasou de admirado activista no galeguismo a impulsor da Falange española. A edición de Regueira preséntase o vindeiro mércores 22 de xullo na libraría Couceiro de Compostela a partir das sete da tarde. O volume forma parte dun proxecto de Chan da Pólvora para revisar as vangardas de primeiros do século XX en Galicia. O primeiro título da serie foi U.. ju… juju, de Vicente Risco con contornas de Carlos L. Bernárdez e Miro Villar.

Continúe lendo Mario Regueira presenta o día 22 ‘Good-bye, Galicia’, a poesía reunida de Euxenio Montes

Publicado o

Braulio Vilariño e as revelacións lisérxicas de ‘Días de bestaxe’, o seu debut na poesía

A Ulloa celebra neste mes de xullo a publicación de Días de bestaxe, o debut na poesía dun dos activistas máis carismáticos das últimas décadas en Galicia, Braulio Vilariño, autor dun poemario que percorre as tres últimas décadas do século XX. Incluído na colección Punta de estripeiral de Chan da Pólvora, Días de bestaxe irrompe no panorama actual cunha proposta onde a palabra se converte en alustro de revelación lisérxica. Unha experiencia de poderosa biografía colectiva que conta coas contornas de Daniel Salgado. “Os poemas de Braulio V.”, escribe Salgado, “encarnan a histoira da última ética beat, a da procura de utopías mínimas: a lisérxica, as illas, deixade en paz o noso río”.

Continúe lendo Braulio Vilariño e as revelacións lisérxicas de ‘Días de bestaxe’, o seu debut na poesía

Publicado o

Pilar Pallarés presenta ‘Unha escriba’ o día 16 de xullo no Portas Ártabras da Coruña

Pilar Pallarés presenta o vindeiro xoves 16 de xullo na Coruña a súa nova publicación, Unha escriba, onde reúne o conxunto da súa poesía, incluída a dispersa. O acto, que comezará a partrir das oito da tarde en Portas Ártabras, contará coa introdución de Miguel Mato, que se adentrará na espiral envolvente da poesía de Pallarés, unha das voces capitais da literatura galega actual.A vida só é máis vida / se o pensamento vén e se dá en éxtase”, escribe xa ao final do libro nunha caste de principio de vida que culmina está excepcional panorámica sobre a súa obra.

Continúe lendo Pilar Pallarés presenta ‘Unha escriba’ o día 16 de xullo no Portas Ártabras da Coruña

Publicado o

Chan da Pólvora inicia con ‘U.. ju… juu’ de Risco unha crónica da vangarda galega

En 1920, Vicente Risco publica U… ju… juu, un “poema futurista” que introduce a vangarda na literatura galega. Ao seu fío, aparecen outras propostas que afianzan a liña a través de Manuel Antonio ou Euxenio Montes. Un século despois, Chan da Pólvora revisa un excepcional capítulo da nosa literatura e publica en edicións específicas o U… ju.. juu de Risco, con contornas de Carlos L. Bernárdez e Miro Villar; o manifesto Máis alá de Manuel Antonio e Álvaro Cibreiro, o De catro a catro de Manuel Antonio e a poesía en galego de Montes.  

Continúe lendo Chan da Pólvora inicia con ‘U.. ju… juu’ de Risco unha crónica da vangarda galega