O “deslumbrante” impacto que o libro ‘Simún’ deixou no crítico Ramón Rozas

De “deslumbrante” cualifica o crítico Ramón Rozas o libro Simún, de Nuria Vilán Prado, que publicou Chan da Pólvora e que o próximo venres día 28 se presenta na libraría Cartabón de Vigo. Rozas, que publicou a crítica este domingo –día 23– nas páxinas do suplemento Tabla redonda de Diario de Pontevedra, subliña que Simún é un vigoroso brazado de versos que nos levan por unha travesía complexa, da dor e do descobrimento”.

O simún [indica Ramón Rozas], un vento extremadamente cálido, con temperaturas por enriba dos cincuenta graos e que sopra no deserto de Arabia. Atoparse no seu interior debe ser un xeito de perder a vida a cada segundo, cada vez máis abrasado, cada vez con menos aire para respirar, cada vez máis preto do n. Nuria Vilán Prado emprega o nome dese vento para titular o seu primeiro libro de poemas, facendo de Simún un vigoroso brazado de versos que nos levan por unha travesía complexa, da dor e do descubrimento do que supón a morte cando nos enfrontamos a ela, cando nos envolve como ese vento do deserto que nos desorienta e eslúe entre o tempo e a memoria. 

Nuria Vilán moveuse sempre arredor da poesía, do que supón como trincheira de resistencia ante a realidade, como maneira tamén de berrar ante o que nos abafa. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un micro, colaborando en diferentes proxectos multidisciplinares como Por Xela!, realizado polo grupo A Banda da Loba, en homenaxe a Xela Arias. É integrante da plataforma literaria A Sega e con este Simún, editado por Chan da Pólvora, estréase na publicación de versos, nese tránsito da voz poética fronte ao micrófono, da construción oral da palabra, aterrando no papel. E nesa muda de sistema este libro ten moito de exploración, en primeiro lugar no formal, coa estratificación destes versos que xogan coas verbas, que as sitúan físicamente en novas posibilidades que modi can a lectura, que integran ao lector de maneira directa nese camiñar que se recoñece en todo o texto. Porque así o temos que entender todo el, como un proceso de autoconstrución,  a segunda exploración, dende a palabra, empregada como recoñecemento da realidade, como unha lumieira na que debullar o que a vida pon ante nós. Dende a mesma infancia, coa relación coa nai e a intuición da morte a través dos animais. Ámbitos rurais que aos ollos dunha nena convértense nunha aula exploratoria, na certificación de que na vida hai moito máis alá do xogo e os aloumiños. A nena esperta os seus sentidos ante novos estímulos, ante as novas friccións que conleva o natural proceso de crecemento que nos achega a novos escenarios, a acollernos baixo novos sons, músicas electrónicas, raves que nos acollen como un líquido amniótico no que sentírmonos noutra realidade. Máis a dor imponse como parte desa aprendizaxe. A morte da avoa é a con rmación de que a vida ía en serio, que aquelas crías da gata metidas nun saco anunciaban un futuro de dúas caras, un ángulo aínda segredo que pouco a pouco iríase escoando entre os buratos da vida. «Meu loito é un descampado/á luz do día», escribe, abríndose unha porta á convivencia coa memoria e a estrañeza. A música electrónica mestúrase cos amenseres, as hortensias e con darlle de comer as pitas que, como luces trución, estroboscópicas, escintilarán xa para sempre nos escuros da vida.

O resto xa é parte da travesía, ese camiñar polo deserto que queda despois da ausencia. O medo, a cicatriz que deixan esas rabuñadas, as gadoupadas da vida. Toca aprender a moverse polo deserto, a controlar esas areas que o vento adentra no fogar, «o cuspe árido» no que só o corpo e a verdade rebelaranse como unha posible esperanza, o xeito de suxeitarse ao continuo do tempo ao que non podemos renunciar. 

Nuria Vilán propón dende esa travesía un poemario cheo de momentos deslumbrantes en canto á posibilidade da palabra para suxerir imaxes, para potenciar o noso maxín que a través desta comuñón entre a perda e o descubrimiento, entre a xuventude e o ocaso, é quen de construír un novo itinerario que podemos encadrar entre a capacidade oral da poeta da que procede, e na que vén amosando as súas capacidades nos últimos anos, e as posibilidades que lle plantexa a escrita, e que dende a súa descuberta como xeito expresivo permite ampliar o seu horizonte poético ao tempo que pon ante nós unha pegada á que debemos estar ben atentos nos próximos tempos.