Chan da Pólvora Editora abre un novo período de subscrición. Durante este mes de maio, todas as persoas que forman parte do proxecto e queren renovar o seu apoio, así como as que desexan incorporarse, poden facelo a través de dúas formulas:
• Unha transferencia de 130€ á conta ES39 3070 0035 2261 6868 3529
• Na web a través da lapela de “Subscrición”.
Existe, ademais, unha modalidade para personas sen traballo que ten un custo simplificado de 75 euros. A subscrición, realizada baixo a modalidade de de preprodución, permite recibir na casa os libros da editorial a un prezo regularizado de dez euros, ademais de ter avantaxes na compra doutros títulos editados con carácter de coedición.
Ante as dificultades dos últimos meses co papel (encarecemento brutal e escasez material), Chan da Pólvora ten previsto relanzar unha colección que permita manter o contacto da poesía coa afección sen que iso supoña un aumento significativo do gasto. Porque Chan da Pólvora é a poesía necesaria.