A Horta das Chas, o espazo estival creado por Chan da Pólvora en 2020, reabre as portas despois do parón da pandemia e faino para celebrar o sexto aniversario de actividade da editorial. Será o próximo martes 28 de xuño, a partir das sete da tarde, e o programa inclúe, ademais dalgunha sorpresa, un recital de Ana Romaní e Nuria Vil, dúas das voces máis poderosas do panorama poético galego. Con elas presentaremos os últimos títulos da colección Sentulo e a tradución dun poema de Safo na colección Rabo de egua. A Horta das Chas é un predio na Corrredoira das Fraguas, en Compostela, que forma parte dunha extraordinaria contorna comunal de cultivos. A entrada é limitada ata completar aforo pero tamén se poden facer reservas.