Publicado o

En setembro sairá a reedición de ‘Os teus dedos na miña braga con regra’ de Lupe Gómez

Cando transcorreron case vinte e cinco anos da publicación de Os teus dedos na miña braga con regra, Chan da Pólvora recupera a obra máis provocadora de Lupe Gómez para o catálogo de Sentulo, unha colección de libros de man que o selo pontenciou nos últimos meses con títulos como Neve de agosto de Nieves Neira, Simún de Nuria Vil, A desvértebra de Ana Romaní ou O gran poema de Constantino Bértolo.

En Os teus dedos na miña braga con regra atoparemos algúns versos xa inesquecibles da poesía galega das últimas décadas, composicións breves, mínimas, non exentas de humor, que nos rebentan como os golpes dunha boxeadora. O libro chegará  ás librarías en setembro, como avance dos lanzamentos que Chan da Pólvora fará no próximo outono.