Lupercais (Unha antoloxía posible) é o título da escolma que serve de presentación ao grupo de poetas que se reúne arredor do festival anual celebrado en Lugo baixo o nome, precisamente, de Lupercais. O libro, editado por Chan da Pólvora dentro da colección Sentulo, preséntase este venres dez de marzo, a partir das 19.30, na xornada inaugural do festival, que se desenvolverá ao longo de dous días no panóptico do Vello Cárcere, convertido en centro cultural. O acto non só é unha caste de crónica de presentación dun colectivo poético realmente sorprendente pola súa calidade (e diversidade) senón tamén unha oportunidade única para escoitar a algunhas das voces emerxentes da nova poesía galega, con nomes consagrados pola crítica e os lectores como Nieves Neira, Genaro da Silva, Xerardo Quintiá, Luís López Alonso, Antóm Fortes, Luís Valle ou Miguel Ángel Curiel, que nesta antoloxía de Chan da Polvora publica os seus primeiros poemas en galego. Son doce poetas que viven en Lugo nunha relación profundamente literaria, case bohemia, e que consolidaron a súa amizade arredor das Lupercais, un dos epicentros poéticos de Galicia.
As festas Lupercais conmemorábanse na antiga Roma no mes de febreiro. Nos seus inicios, os sacerdotes chamados lupercos (amigos do lobo) na gruta do Lupercal, no monte Palatino, baixo a sombra dunha figueira, celebraban sacrificios que concluían con actos de purificación. Con esa data como escusa, reuníranse uns cantos poetas amigos na cidade de Lugo en 2022, non para fustrigarse ou tramar sacrificios, mais para convocar á palabra poética. Trátase grupo non pechado, que foi medrando e conformándose pouco a pouco nos últimos anos e que sorprende pola alta diversidade (e calidade) de propostas poéticas.
Dende a rotura de clixés e unha poesía máis achegada ao eu propio de Antom Fortes, ou a actual, por veces humorística e sempre intelixente voz de Lois Pérez, até o hermetismo de Luís López Alonso ou a poesía ontolóxica de Abraham Pérez. Pasando pola sorprendente beleza nas coidadas verbas da madrileña Sara Plaza, que adoptou o galego como a súa propia lingua ou a expresión volcánica de María Grandío ou Mónica Caldeiro. E máis elementos discordantes nesta resonancia de voces. Dende o traballo de ourive, coidadoso e preciso de Luís Valle, á voz que se agranda no territorio mítico do Fornelos de Xerardo Quintiá. E como non, a mística dun “aquí” posíbel milagreiro de Nieves Neira, perante a mística imposíbel das flores negras de Genaro da Silva e os soles negros de Miguel Ángel Curiel.
Cos mesmos vimes cos que se foi tecendo a urda amigábel entre esta ducia de vates, trámase este libro posíbel, convidando á descuberta desta heteróclita panoplia de voces. po poema, ensaio e diario de viaxe, un texto desbordante que adopta a forma do pensamento que poda contelo.
Abraham Pérez
Abraham Pérez (Lugo, 1990) é autor de Fragmento/Creba (editorial galaxia, 2020), unha teoría para os espectros (2o Premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba. Toxosoutos, 2021) e O corpo transparente das horas (editorial Galaxia, 2022). No ano 2021 acadou o accésit no XXV Certame Francisco Añón de Poesía. Os seus poemas apareceron publicados en revistas especializadas como Grial, Dorna: expresión poética galega, Luzes ou Xistral.
Luís Valle
Luís valle (Lugo, 1977), poeta. No 2001 publicou Zigurat (scio), composto polos libros Jano, Jethro en Irán, Poemas para el silencio e Inacabado. Logo viñeron Epitafio y corona para Manuel Quiroga (Luna Libros, 2007), A caída (Pen Clube, 2009), Fedor (sotelo Blanco, 2011), Caderno do mendigo (Bar- bantesa, 2011), As cicatrices do Sol (sotelo Blanco,2015), Trona, o merlo (Barbantesa, 2015), Para que eu beba (Barbantesa, 2017), Óstraka (galaxia, 2019), Causa de nieve (amargord, 2021) e Alianza (Barbantesa, 2022). Vinte e cinco anos de escrita lírica pola que obtivo abondosos galardóns e recoñece- mento crítico.
Mónica Caldeiro
Mónica Caldeiro naceu en Barcelona en 1984, mais ten as súas orixes en Santo Estevo de Folgosa, O Corgo. Considérase unha poeta translingua para a que non existe feito poético posíbel sen risco nin pensamento. É autora de Accident(ade)s de crema(r): 1 poema (Ril Editores, 2023), Latitud Sur (Varasek Ediciones, 2021), Avispero (Varasek Ediciones, 2019), La música de los planetas (Ya lo dijo Casimiro Parker, 2015) e Vaginas, cartografías y asteroides (Editorial Isla Negra, 2013). Ademais de poeta, exerce a profesión de tradutora médica e literaria.
Antom Fortes
Antom Fortes Torres (Sarria, 1957) é catedrático de Língua e Literatura. estudou filologia românica, hispânica e galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, e foi professor até o 2017, ano da sua jubilação. escritor de poesia, literatura infantil e juvenil, tradutor e guionista, formou parte do grupo poético Círculos Líticos de Lugo. Animalista, apólida, guei, libertário e lusista, adora Celan e os poetas do P: Pallarés, Pato, Pereiro, Pexegueiro, Pimentel… Integram a sua obra peças como Figuras masculinas de meiocorpo (ed. Espiral Maior, 1997, Prémio Legais 2011; ed. Chan da Pólvora, 2020), Sexto Fetiche (edição de autor, 2001), Caderno do animalista (ed. oQo, 2008), Fume (ed. oQo, 2008), Á sombra dos anacárdios (ed. oQo, 2010), Ânsia (Balbucios) (edixital, 2010), Ofelia sem dô (eds. Belén Bouzas gorgal e armando requeixo, v Prémio de Poesia manuel Leiras Pulpeiro), e Gris cinza / barbárie, crisântemos e um Urbano Lugrís (ed. Através, 2021). Participou nas obras coletivas O segredo da lanterna verde (Xunta de Galiza, 2009), A cidade na poesia do século XXI (ed. Toxosoutos, 2012), Dez anos de poesia nas Pontes (galebook, 2013) e 150 Cantares para Rosalía de Castro (Libro eletrônico, 2015).
Sara Plaza
Sara Plaza (Bustarviejo, Madrid, 1972) escribe sen retirar a man: tomada da dun regato que non dá de beber ó canto dos grilos, e enredados os dedos na tenra sombra do berceo. E así como escribe camiña, tratando de non deixar pegada, confiando en que a borre o murmurio da auga que cingue Lugo.
Xerardo Quintiá
Xerardo Quintiá nace en Friol, no ano 1970. Poeta, narrador e autor de literatura xuvenil e infantil. En 1984 trasládase a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Está casado, ten un fillo e traballa como axente comercial. Como poeta ten publicado Ailalalalelo de auga (Do4 Edicións, 2001); Poesía en ruta, premio Fermín Bouza Brey, (Espiral Maior, 2007), FORNELOS & FORNELOS: primeira fundación (Premio Fiz Vergara Vilariño, Espiral Maior, 2011). FORNELOS & FORNELOS: segunda fundación (Premio Eusebio Lourenzo Baleiron. Sotelo Branco, 2016); FORNELOS & FOR– NELOS: terceira fundación (Premio Lueiro Rey. Xerais, 2019). Derradeira obra de Dosinda Christensen (Premio Concello de Vilalba 2020. Editora Alvarellos, 2020). En 2021, como membro do Colectivo Maiakovski, publica Intimidación, en edicións Xerais de Galicia.
Lois Pérez
Lois Pérez (1979) é mestre, escritor e contador de historias. no eido da dramaturxia gañou o Premio de teatro radiofónico da Radio Galega (2008), coa obra Saltimbanqui, dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Premio arRi[t]mar 2018 de poesía ao mellor poema escrito en lingua galega por “Blues do rei Bergman=B.B. King”, Premio Agustín Fernández Paz de literatura xuvenil pola novela A gruta da Torre (Xerais, 2022) e Premio Raíña Lupa de literatura xuvenil por A tribo do mar (Xerais, 2023). É membro do Comité de redacción da revista Luzes.
Maria Grandío
María Grandío Montes (Lugo, 1982) é licenciada en filoloxía Hispánica e IUnglesa e doutora en teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC. Actualmente é docente de secundaria no IES Pedregal de Irimia de Meira. Forma parte do colectivo microefectos dramatúrxicos, onde escribe, dirixe e actúa en pezas teatrais breves, algunhas delas recollidas na publicación colectiva Microefectos Dramatúrxicos (Laiovento, 2017). É, así mesmo, integrante da asociación de artes escénicas 3monos e cofundadora, xunto a nieves neira roca, da asociación ámboa editorial.
Genaro da Silva
Genaro da Silva Méndez nace en Mourente, Pontevedra, en 1980, aínda que dende hai case lustro e medio vive en Lugo. é doutor en Biodiversidade e Ecosistemas e traballa en proxectos de conservación, especialmente con insectos e vexetación. Publicou, entre outros Lahdnets (ejemplar único, 2018), Flor Negra (Chan da Pólvora, 2018), O pintor cego (officium Lec- tionis, 2021) e en 2015 o libro-catálogo Esguello (fundación Cuña-Casasbellas), con poemas seus e cadros de Carolina Munaiz. Colaborou con máis artistas doutras disciplinas, como na obra colectiva Artefactos (2005), no proxecto poético-sonoro Conversacións con oOgro (2006) ou a peza Imst, co compositor Juan Lois, estreada en 2008, alén de aparecer nalgunhas revistas e antoloxías. É editor e tradutor na revista e páxina www.tr3sreinos.com.
Luís López Alonso
Luís López Alonso naceu en Sarria o día de Rosalía de Castro de 1977. Actualmente, traballa como investigador e profesor do departamento de tradución e Lingüística Xeral na Univesidade de Vigo após exercer durante varios lustros como boticario na Pobra de San Xiao, en Láncara. No ámbito da poesía, cómpre salientar, entre outras, Presal (2019, Xerais/Uvigo) e Salífero (2020, Urutau), ademais da peza multidisciplinar baseada neste último poemario e creada en colaboración co fotógrafo e artista visual Rafael Mallo, Salífero opus #.
Nieves Neira
Nieves Neira Roca naceu en Lugo no ano 1983 e nesta cidade traballa no xornalismo, ámbito no que levou o premio Johán Carballeira. Publicou o poemario Neve de agosto (Chan da Pólvora, 2022) e é coautora de O feitizo de Maruja Roca (A Central Folque, 2020). Colabora con artistas como Carla An- drade (Geometría de ecos, Cando os ollos non bastan), sabela mendoza (Dedicatoria), Luís López Alonso (Salífero opus 4), Olalla Caamaño e Cris Vilariño (Trenza) e Rafael Mallo (Tor- nasol), así como coas integrantes da asociación de artes escénicas 3monos, coas que mantén unha intensa amizade creativa. é estreita colaboradora da fundación Uxío Novoneyra e tamén participa do espaço Llansol, en Lisboa, autora da que coeditou Fulgor. Lectura danzada de Maria Gabriela Llansol (ámboa, 2019).
Miguel Ángel Curiel
Miguel Ángel Curiel naceu en Korbach, Alemaña, e criouse entre Jaraíz e Talavera. Gañador de numerosos premios de poesía, é autor de máis de unha ducia de libros entre os que salientan Diario de la luz (dvd, 2008; Premio Ciudad de Mérida), Astillas (Calambur, 2013) ou Trabajos de ser sólo hierba (Los Libros del mis- sissippi, 2021). Dende 2009 escribe un diario fragmentario que vai me-drando co nome de Luminarias. En Eulalia (Amargord, 2021) compila os seus poemas de 2000 a 2020 despois dun insistente traballo de reescritura e pulido. Vive en Lugo hai máis de vinte anos, onde ademais de poeta é gravador.