Publicado o

A colección Rabo de Egua achégase este sábado 19 de agosto aos Versos da Diversidade en Moaña

O 28 de xuño de 2016, nacía Chan Pólvora Editora e facíao precisamente con Rabo de Egua, a única colección do estado español especializada en poesía dos colectivcos LGTBI+.  Agora, despois de sete anos, a colección preséntase por vez primeira desde unha perspectiva de conxunto cun acto no que participan Antón Lopo e Luís López Alonso. Será o sábado 19 de agosto no Beque de Moaña, dentro do programa dos Versos para a diversidade, que organiza o Colectivo Diverso do Morrazo.

Chan da Pólvora realizou desde o seu nacemento unha aposta polas identidades de xénero, a diversidade e as reivindicacións culturais. Nesa aposta, a colección Rabo de Egua é un referente, cun catálogo no que poden atoparse os versos de García Lorca. Serafín Ferro, Sor Juana Inés de la Cruz. Brane Mocetic, Pau Vadell ou Antom Fortes. Pero, ademais, o selo mantivo unha traxectoria transversal na que, alén desta colección, poden rastrexarse as obras de poetas como Andrew McCmillan ou Paula Luis, sinaturas que nos amosan as distintas canles da diversidade afectiva e sexual,

O último título de Rabo de Egua é unha homenaxe a Rimbaud no 150 aniversario de publicarse Unha temporada no inferno, eixo do voluem que a editorial publico ueste xuño con tres poemas deste libro e unha selección da súa obra xeral. [Na imaxe desta información aparece Rimbaud abrazado a Verlaine].

O acto do Beque de Moaña é o primeiro no que a colección se presenta como tal, nun acto previstro para se desenvolver a partir das 20,30 e no que partriciparán o director de Chan da Pólvora, Antón Lopo, e Luís López Alonso, autor do estudo que acompaña o volume Figuras masculinas de meio-corpo, de Antom Fotrtes.

Trátase dun proxecto insólito en Galicia, con nove títulos nas librarías, que nos hachea, con vontade de visibilidade, a poesía de autoras e autores consolidados, tanto na perspectiva histórica como na actual.

Un libro singular

Rimbaud [Seis poemas de inferno e adolescencia] é un proxecto característico de Chan da Pólvora: un libro sinxelo, maquetado e ddeseñado por Manuel Martínez, que conserva o sabor pleno dos libros compretidos e o mimo das editoras que intentar interpretar a realidade desde çopticas propias. Antón Lopo, director da editorial, foi o encargado da tradución e mais a introdución do volume, onde se inclúen os tres textos iniciais de Unha temporada no inferno, un pequeno poema de Iluminacións e dúas composicións dos seus poemas adolescentes, “Venus Anadiomena” e “Sensación”, pertencentes á etapa inicial da súa escrita, mergullada no olimpo parnasiano pero xa perturbadora.

A peripecia editorial

Arthur Rimbaud entregoulle en 1873 a Jacques Poot [un impresor especializado en lexislación da Rue aux Choux de Bruxelas] os orixinais de Unha temporada no inferno [Une saison en enfer]. O poeta tiña dezanove anos e estaba nos estertores da súa apaixonada [e conflitiva] relación con Paul Verlaine, referencia no simbolismo francés. [Verlaine ca- sara con Mathilde Mauté nunha de auténtico suplicioel bebía e volvíase violento. O seu fillo, Georges Verlaine, foi vítima da furia paterna e do desapego da nai, que o abandonou en Álxer tras o seu segundo matrimonio. O rapaz vagou varios días desorientado pola cidade e, segundo contaba, sufriu o ataque dun hipnotizador que o sumiu nun profundo desequilibrio psíquico]. 

A nai de Rimbaud [Vitalie Cuif] pagoulle a edición de Unha temporada no inferno, pero Rimbaud gastou os cartos antes de pagar o impresor e o impresor negouse a entregarlle os libros. Ce- deulle só cinco exemplares [dos 500 da tiraxe] a condición de que os usase para conseguir os cartos do pago. Rimbaud nin sequera volveu pola imprenta de Poot. Cos cinco exempares deuse por sa- tisfeito e un [por suposto] deullo a Verlaine. 

Case toda a edición quedou arrombada no soto da Rúe aux Choux. Ata 1901, en que a descobre o avogado Léon Losseau, un espilido bibliófilo. Despois de queimar os volumes comestos pola humidade e os ratos, Losseau fixo unha proveitosa operación co- mercial. En 1914, cando Rimbaud era xa un mito escintilante da poesía francesa, revelou a súa descuberta.