Publicado o

‘Escrita oculta’ de Isolda Santiago, o libro da muller que cambiou a forma de escribir o poema

Cando todo semella  previsible, aparecen libros que nos reconcilian coa capacidade asombrosa da poesía. Ese é o caso de dous volumes que este mes de decembro achega Chan da Pólvora ás librarías: Escrita oculta de Isolda Santiago e Nocturno de verán e outros poemas de Francisco Cortegoso. Ambos non só teñen en común o feito de aparecer na colección Cova da Lontra, senón que recuperan as figuras lendarias de dúas personalidades que cambiaron a forma de entender o poema na literatura galega entre finais do século XIX e principios do XX.

Isolda Santiago é unha das autoras máis esvaradías e inclasi cables da xeración dos noventa. Tras 25 anos de silencio, rompe o veo que a cubría e ofrécenos a súa Escrita oculta, que funciona como un libro obxecto onde a súa poeratada, por momentos, se converte nun xogo de ocultamento e revelación. O volume onde reúne dous libros inéditos, Cando levante a brétema e Correspondencia. O primeiro valeulle en 1998 o Premio Avelina Valladares pero, por unha serie de atrancos administrativos, nunca saiu á luz. O feito alimentou ao seu arredor un halo de misterio que agora se esvae na explosión de humor e sabedoría literaria dos seus poemas. Correspondencia é coetáneo pero ten unha raíz máis biográ ca: unhas cartas que intercambiou “nun inverno efervescente, de pura exaltación literaria”. Escrita oculta non só redimensiona a gura de Isolda Santiago na paisaxe literaria da súa época senón que lle revela á xente nova unha voz a ben seguro desco- ñecida. Ao mesmo tempo, o libro convértese no antecedente máis claro dos camiños abertos pola escrita das mulleres desde comezos do século XXI.

Isolda Santiago (neste artigo aparece retratada por Rober Bass)atravesou os anos noventa da poesia galega cunha cárrega poderosa de rebelión e intelixencia. Deuse a coñecer en 1993 con Flor de tan mal xardín, que lle valeu o Premio Fermín Bouza Brey e que a converteu nada máis publicarse nunha referencia xeracional. Despois apareceu Berce de Estampas (1998) ou traballos en obras colectivas como Carpeta 8 e medio. Tamén deixou os seus versos na entrega Látex do suplemento Chineses do xornal Galicia Hoxe. A súa escrita pode rastrexarse en revistas como Festa da Palabra Silenciada. Levaba sen publicar un libro desde de Bestiario (1998).