Publicado o

Chan da Pólvora dedícalle á obra de Francisco Salinas Portugal o Día do Orgullo Galego

Francisco Salinas Portugal, integrante dos ce?lebres colectivos Ale?n e De amor e desamor, escribiu a primeiros dos anos oitenta Arqueoloxi?as de amor para a cidade nova que, por diversas causas pero sobre todo pola su?a tema?tica, quedou agachado nunha gabeta. Corenta anos despois, Chan da Po?lvora resca?tao na coleccio?n Rabo de E?gua –a u?nica de poesi?a lgtbi+ do estado– que ampli?a o seu cata?logo cun aute?ntico tesouro ao que este ano lle dedicamos o Di?a do Orgullo Galego. En ateriores edicio?ns, tiveron a su?a xornada escritoras e escritores como Federico Garci?a Lorca, Serafi?n Ferro, Sor Juana Ine?s de la Cruz, Safo, Ramo?n Sua?rez Picallo, Anto?m Fortes ou Brane Mocetic.

Arqueoloxi?as de amor para a cidade nova e? un libro que penetra na maquinaria do tempo e nos devolve directamente a? axitacio?n da chamada “de?cada marabillosa” dos oitenta, cando ai?nda se senti?a a represio?n do franquismo na carne pero tame?n o impulso gozoso de deixar atra?s a escuridade. E? por eses anos, entre 1981 e 1982, que Francisco Salinas Portugal se traslada a Pari?s e comeza a elaborar estes versos de sonoridade voluptuosa, afastados das claves sociais pero claramente enfrontados a? orde moral da ditadura.

O pansexualismo, tan vinculado a? corrente contracultural que se vivi?a na e?poca, permi?telle ao autor tracexar o debuxo paixonal do corpo, adentrarse na vertixe contraditoria do desexo e describir unha impetuosa pulsio?n homoero?tica. O libro estivo a punto de publicarse en varias ocasio?ns pero sempre acabou arrombado nun estoxo. Corenta anos despois, recupera?molo en Chan da Po?lvora como se fose o prodixio dun cofre que garda dentro –intacto mesmo na grafi?a– un tempo onde medo e pracer conviven na casa.

Francisco Salinas Portugal

Francisco Salinas Portugal (Gu?i?n, Bande, 1955) e? unha das figuras ma?is esvaradi?as da poesi?a galega dos anos setenta e oitenta. Disci?pulo de Carvalho Calero e experto nas literaturas de lingua portuguesa, Salinas Portugal publicou os poemarios Os habitantes da culpa (1988) e Boca da Cobra (2012), ademais de mu?ltiples traballos ensai?sticos, en especial sobre cuestio?ns literarias da A?frica luso?fona, a?mbito tame?n da su?a tese de doutoramento. Durante anos exerceu de profesor na Universidade da Corun?a.