Publicado o

María Salvado entra no ‘Álbum de Galicia’ do Consello da Cultura Galega

Coincidindo co primeiro cabodano de María Salvado, o Consello da Cultura Galega publicou a súa entrada biográfica nbo Álbum de Galicia, que actualmente contén “788 vidas para contar un país”. Salvado, unha das referencias da pedagoxía galega nas últimas décadas e vinculada estreitamente a Chan da Pólvora, é a entrada máis recente, xunto a un poeta que, precisamente, estivo tamén estreitamente ligado á editora, Francisco Cortegoso. A entrada pode lerse na web do Consello da Cultura Galega na lapela Album de Galicia.