A desvértebra, o libro de Ana Romaní editado por Chan Pólvora, revalida o impacto que causou a súa lectura co Premio da Asociación de Críticos Literarios Españois ao mellor poemario do ano, fallado ante. O galardón únese ao premio Follas Novas que conceden anualmente escritores, editores e libreiros como o mellor da temporada. Nos seus cinco anos de vida, esta é a tercera ocasión en que un libro de Chan da Pólvora acada o Premio da Crítica, despois de Camuflaxe, de Lupe Gómez, e Tempo fósil, de Pilar Pallarés. A desvértebra significou o regreso de Ana Romaní á poesía tras case unha década de silencio e supón un xiro revelador na obra de Ana Romaní, que lle descubre ás lectoras e lectores novas vertentes e expresións dunha voz que xa é, en por si, unha das máis admiradas da poesía galega contemporánea. Estamos ante un libro que imbrica a trascendencia co humor, a postura de radicalidade ética coa máis fina ironía ata conseguir un dos títulos máis relevantes que se publicaron en Galicia nos últimos anos.