Publicado o

A libraría Wells de Cangas e Chan da Pólvora celebran xuntos unha década en alianza

Chan da Pólvora e a Libraría Wells de Cangas celebran o seu décimo aniversario cun recital que reunirá a poetas de vínculos á comarca do Morrazo e ao catálogo da editora . O encontro terá lugar o vindeiro xoves nove de xullo ás 20.30 horas e con el dáse continuidade ao programa desenvolvido por Chan da Pólvora cada verán neste espazo de referencia para a cultura libresca galega. No recital participan Ismael Ramos, Xosé María Álvarez Cáccamo, Miriam Ferradáns, Carlos Amado, Oriana Méndez e Braulio Vilariño. Cando as dúas cabeceiras cumpren unha década e Chan da Pólvora culmina a súa acción editorial, este recital festexa unha alianza que converteu o Morrazo nun dos ámbitos principais de acción de Chan da Pólvora, tanto en Cangas como en Bueu, concello onde se localiza precisamente o topónimo que lle dá nome á editora.