O tempo que vivimos, o libro de Roberto Varela coeditado por Chan da Pólvora na colección de proxectos externos Onsa, converteuse nun acontecemento periodistico e ao longo da última semana todos os medios escritos se fixeron eco da publicación en coidadas e amplas informacións. A máis recente foi a de La Voz de Galicia, un traballo realizado por Héctor J. Porto onde o actual conselleiro de Asuntos Culturais da Embaixada de España en París subliña “Quixen evitar a biografía visual, mostrar os sitios nos que vivín, as cidades que visitei ou as sete marabillas do mundo. Non se trataba diso, senón de alma, de sentir que o meu corazón late aquí, naceu aquí e volveu aquí. É como unha viaxe de anos, anos nos que non parei de moverme, e isto é un retorno”. Este enlace permite ler completa a entrevista: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2021/01/25/span-langglroberto-varela-volta-a-praia-da-infanciaspan/0003_202101G25P25991.htm
En Diario de Pontevedra, a periodista Belén López titula o seu artigo sobre unha das frases que caracteriza o discurso de Roberto Varela arredor do libro: “Somos memoria e esquecemento”. Acceso ao artigo.
Faro de Vigo, pola súa banda, publicou unha dobre páxina cunha completa entrevista ao ex conselleiro de Cultura no primeiro goberno de Núñez Feijóo, realizada por Salvador Rodríguez. Acceso á entrevista