A poesía está “nun proceso de liberación da forma tradicional”, escribe Antia Monteagudo en ChanZo

Hai tempo que a poesía está a sufrir un proceso de liberación das súas formas tradicionais e de unión a outros medios artísticos. Os poemas, asegura Antía Monteagudo Alonso na nova publicación de ChanZo, non se escriben só con palabras, senón que existe unha multitude de formas e canles nas que poden aparecer. As publicacións galegas de 2018 deron conta desta diversidade e demostraron, a xuízo da investigadora, como cada vez é máis común que o poético dialogue con outras prácticas artísticas como a performance, o cine, a música ou as artes visuais e plásticas. O artigo completo podédelo descargar en ChanZo, dentro da panorámica sobre a poesía do ano 2018 que iniciamos coa antoloxía realizada por María Xesús Nogueira (Dous mil) dezaoito, e o artigo de Miro Villar Sete anotacións para unha lectura (persoal) da poesía galega de 2018.