Publicado o

O xiro é a desvértebra, a crítica de Ramón Rozas

En tempos cunha “inflación retórica das palabras” A desvértebra de Ana Romaní emerxe “cunha enorme afouteza”, asegura Ramón Rozas na súa crítica O xiro é a desvértebra, publicado no suplemento Táboa redonda do Diario de Pontevedra e El Progreso. O título de Romaní, que aparece entre os libros recomendados da Tabela dos libros do blog de Armando Requeixo, sitúanos “ante unha proposta inmersiva na que o literario, o xeográfico e o político xeran un espazo de exploración do eu fronte ao colectivo, do ser ante unha orografía imprevista”. Rozas tamén lle dedica entradas a Ferrovías, de John Berger e Anne Michaels, que acaba de publicar Chan da Pólvora na súa colección O Río de traducións, e nós outras, a proposta de poesía infantil realizada por Marica Campo con imaxes de Menchu Lamas na colección Udra.

 

Para ler a crítica completa: “O xiro é a desvértebra” Ramon Rozas [20210110P034]