A renovación radical de Ana Romaní na súa nova proposta, segundo Ramón Nicolás

“Desvertebrar, nunha das súas acepcións, significa desfacer a estrutura interna que lle outorga solidez ou estabilidade a algo. Gústame pensar que A desvértebra, ese neoloxismo que Ana Romaní vai pór no foco de atención ao situalo á fronte do seu último libro, camiña por estes eidos, isto é, polos de se cuestionar a esencia do establecido e do inmutable e, talvez por iso, dialogue cos conceptos do quebranto e do disruptivo ao encarnar en si mesmo unha dimensión de renovación radical”. Así arranca a crítica que Ramón Nicolás lle dedica ao último libro de Ana Romaní, publicada no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da crítica, onde tamén inclui informa do proxecto impulsado por Chus Silva e Ana Romaní,no Laboratorio de Indagacións Poéticas (LIPo) de Chan da Pólvora, para realizar distintas audiografías baseadas nos poemas deste libro. No blog inclúe, precisamente, dúas mostras, Imperio e Velutinas.

No libro, engade Ramon Nicolás, “alenta unha semántica que agroma, talvez, da negación da vértebra, isto é, fálasenos en aparencia desde a instancia do que xa non é quen de soster nada, da inmediatez do colapso ou do baleiro que queda cando se extrae e se quere facer desaparecer o que antes era vital”.

Para ler a crítica completa:

A desvértebra, de Ana Romaní