Tras unha longa temporada de silencio na poesía, Antón Reixa publicou en Chan da Pólvora Outlet, un libro que abre novas canles expresivas na súa obra pero que tamén recolle a froza carcaterística que o autor leva explorando desde hai máis de corenta anos. Este sábado oito de abril, Reixa asinará exemplares do poemario na Feira do Libro de Santiago de Copostela a partir das oito da tarde.
Despois dunha paréntese de escrita poética e durante a convalecencia dun accidente que case lle costa a vida, Antón Reixa entra nun período intenso de escrita. Dese transo de marcada reflexión, e partir de textos pre-existentes, xurden os poemas de Outlet, un libro que se nutre da racionalización do proceso creativo. O lévedo son distintos materiais pre-existentes ou o exercicio de memorialismo e autoficción que lle serviu para compactar o sobrecolledor Michigan / Acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, onde revelou vertentes ata entón inéditas da súa escrita. A heteroxeneidade de Outlet ten que ver coa procura compulsiva dunha voz propia pero tamén coa incansable exploración dun artista que non renuncia á capacidade de observar o mundo desde os dispositivos do humor e coa complicidade da súa intelixencia.