
Chan da Pólvora proponche que regales poesía e faino con títulos que a crítica especializada xa seleccionou entre os mellores dos publicados o pasado ano. É o caso de Exuvia e saliva, de Lorena Souto, ou Un xesto de tenrura, de Gonzalo Hermo, respectivamente elixidos por El Diario e El País como os libros fundamentais da poesía galega en 2025. Porén, non están sós na proposta da editora, que ten tamén nos andeis dúas novidades imprescindibles: Love me tender, de Ana Romaní e Mapa da estría, de Andrea Nunes.
Continúe lendo Chan da Pólvora ou como regalar os libros da poesía necesaria

(Foto ANDRÉS CURRAIS)





