Publicado o

Ábrese ao longo deste mes a campaña 2022-23 de subscripción á editorial

Chan da Pólvora Editora abre un novo período de subscrición. Durante este mes de maio, todas as persoas que forman parte do proxecto e queren renovar o seu apoio, así como as que desexan incorporarse, poden facelo a través de dúas formulas:

• Unha transferencia de 130€ á conta ES39 3070 0035 2261 6868 3529

• Na web a través da lapela de “Subscrición”.

Existe, ademais, unha modalidade para personas sen traballo que ten un custo simplificado de 75 euros. A subscrición, realizada baixo a modalidade de de preprodución, permite recibir na casa os libros da editorial a un prezo regularizado de dez euros, ademais de ter avantaxes na compra doutros títulos editados con carácter de coedición.
Ante as dificultades dos últimos meses co papel (encarecemento brutal e escasez material), Chan da Pólvora ten previsto relanzar unha colección que permita manter o contacto da poesía coa afección sen que iso supoña un aumento significativo do gasto. Porque Chan da Pólvora é a poesía necesaria.

Publicado o

Manuel Álvarez retrata a nova liñaxe d*s mariñeir*s da Guarda no libro ‘Sexades mar’

Sexades mar é o título do novo libro do fotógrafo Manuel Álvarez (na imaxe retratado por Helga Cabiddu), que publica Chan da Pólvora dentro da súa colección Onsa de coedicións. O volume, cnha introdución de Miro Villar, preséntase este venres día 6 de maio, a partir das 19 horas horas, na lonxa da Guarda.  O libro inclúe poemas de Helga Cabiddu e supón un achegamento do fotógrafo ao mundo das xentes do mar, tras Gameleiros, publicado no ano 2002. Agora, o que acontece, segundo subliña o fotógrafo, é unha caste de revelación: os Gameleiros  evolucionaron e convertéronse nuha nova liñaxe de traballadoras e de traballadores do mar.

Continúe lendo Manuel Álvarez retrata a nova liñaxe d*s mariñeir*s da Guarda no libro ‘Sexades mar’

Publicado o

Angueira e Chus Pato presentan ‘Palmeiras, piueiros’ na libraría Couceiro de Compostela

Palmeiras, Piueiros, o libro que marca o regreso de Anxo Angueira á poesía tras case quince anos de silencio poético, reunirá o vindeiro mércores catro de maio en Compostela ao seu autor con Chus Pato, unha das poetas máis admiradas da poesía contemporánea galega. Canda eles estará Sechu, músico que ao longo dos últimos meses acompaña a Angueira nos seus recitados. Será na libraría Couceiro a partir das sete e media da tarde. Palmeiras, ípiueiros non é só dun regreso de Angueira: estamos ante unha visión global sobre o autor que Chan da Pólvora publica no seu sesenta aniversario e no que o acompañan as esculcas reveladoras da propia Chus Pato punto a Xabier Cordal.

Continúe lendo Angueira e Chus Pato presentan ‘Palmeiras, piueiros’ na libraría Couceiro de Compostela

Publicado o

‘O caderno de Daia’ de Luís Cuntin preséntase o xoves 28 de abril na Fundación Luís Seoane da Coruña coa actuación do grupo Entrelas

A Fundación Luís Seoane da Coruña acolle este xoves día 28, a partir das 20 horas a presentación de O caderno de Daia, o poemario de Luís Gustavo Cuntín que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan da Pólvora, neste caso realizada xunto á Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto, o autor estará acompañado de Carmen Abella, Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro.  Tamén actuará no acto o grupo musical feminino Entrelas. En palabras de Torres Feijó, autor que se encargou do limiar do volume, Cuntín “faz um livro clássico, clássico não na convenção; na estatura clássico. Umha estatura alicerçada em todos os ângulos e sensações aprofundadas no amor e no desamor, por todas as idas e chegadas e por todos os abandonos. E com ela, espaços e tempos, paisagens e cronologias, aprofundadas e, ao mesmo tempo, ligadas e isoladas na leitura”. 

O caderno de Daia preséntase un día despois do acto da Coruña en Ourense. Será o 29 de abril no Liceo da cidade coa intervención de Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro, ademais do autor. Posteriormente, O caderno de Daia chegará a Pontevedra cun actoprevisto para 6 de maio na Fundación Cuña Casabellas (Rúa Xerardo Álvarez Limeses 12). Cuntín estará acompañado entón por Elias Torres Feijó, Javier Pérez Carrasco e Arturo L. Regueiro, ademais do autor.

Continúe lendo ‘O caderno de Daia’ de Luís Cuntin preséntase o xoves 28 de abril na Fundación Luís Seoane da Coruña coa actuación do grupo Entrelas

Publicado o

Adeus a Arcadio López Casanova

Este luns, once de abril, falecía o poeta Arcadio López Casanova (Lugo, 1942-Valencia, 2022), unha das voces máis aprezadas da denominada xeración dos “novísimos”. En Chan da Pólvora, onde publicou o seu derradeiro poemario, A canción da Noite que levas no corazón, lamentamos a perda do poeta e do amigo, que colaborou tamén na edición dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca preparada por Luís Cochón e Manuel González. En decembro de 2020, precisamente, López Casanova publicou no apartado Chanzo da web unha nova achega ao xénero, Panxoliña da neve de luz, un fermoso texto que conserva íntegro o alento das panxoliñas tradicionais.

A canción da Noite que levas no corazón, publicado na colección Malaca de fóra cunha coda do propio Luís Cochón, é unha das achegas máis orixinais de López Casanova, que nesta plaquette elaboraba unha “crestomatía moi escolleita de cantigas de amor e de amigo, de refrán e mesmo de mestría”, subliñaba Cochón.


 

Publicado o

‘Simún’, unha das relevelacións poéticas da temporada, preséntase este xoves en Númax

Nuria Vilán Prado, máis coñecida nos circuítos da poesía oral galega baixo o seu alcume de Nuria Vil, dá o salto ao formato libro con Simún, o seu primeiro poemario, publicado por Chan da Pólvora. Trátase dunha edición numerada de 250 exemplares numerados que este xoves, día 17 de marzo, se presenta na libraría de Númax a partir das oito do serán. Canda A autora, estará unha das súas colaboradoras inseparables: Vanessa Glemsel. O volume recolle a paixón pola calidade da edición e a innovación de Chan da Pólvora, con cromatismos ácidos e xogos de perspectivas nos troqueis,aliados cun texto destinado a converterse na gran revelación do ano.

Nuria Vilán presenta o volume este xoves día 17 de marzo na libraría de Númax, nun acto onde estará acompañada por unha das súas máis estreitas colaboradoras, Vaness Glemsel, outra das poetas emerxentes que actualmente traballan en Galicia.

Chan da Pólvora Editora publica Simún despois de que Nuria Vilán Prado formase parte do volume Dentes para a mazá, unha antoloxía de poetas en formación onde compartía espazo con Iago González, Alexandre Fernández, Eilún del Pazo, Daniel Amarelo ou a propia Vanessa Glemsel, creadora esta última coa que Vilán Prado forma unha asombrosa alianza artística de poesía escénica.