Camuflaxe de Lupe Gómez vai camiño de converterse nunha das obras referenciais da poesía galega contemporánea. Publicada por Chan da Pólvora Editora no ano 2017 e recoñecida co galardón da Crítica Española ese mesmo ano, Camuflaxe foi elixida agora finalista do premio Best Traslade Book Award, os prestixiosos BTBA que cada ano concede a revista literaria Three Percent da Universidade de Rochester. Erin Moure, unha conexión clave entre a literatura galega e o ámbito anglosaxón, encargouse de realizar a tradución, editada por Circumference Books de Nova York. Camuflaxe está a ter desde a súa publicación unha gran repercusión, tanto de crítica como de lectoras e de lectores. En castelán apareceu baixo o selo de Papeles Mínimos, con tradución de Antón Lopo, e actualmente prepara a súa tradución ao vasco Jon Kortazar. Continúe lendo ‘Camuflaxe’ de Lupe Gómez, finalista do Best Translated Book Award de Estados Unidos
Autor: Antón Lopo
As feridas da sociedade contemporánea en ‘Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo’
Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo permitiulle a Carlos Penela gañar por segunda vez o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, que no 2000 obtivera con Acaso inverno ao tempo que confirmou a súa traxectoria como unha das voces de maior recoñecemento entre os xurados galegos. Agora, en Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a súa produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. O poema condénsanse pero tamén se converte nunha paisaxe de maior peso narrativo, cunha linguaxe, marcada pola vontade do rigor e da honestidade, que lle permite sortear a devastación do tempo. O libro proponnos revisitar os lugares, feridas e liñas de fuga que caracterizaron a sea produción anterior, ofrecendo ao tempo un mapa interior da súa escrita actual. Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo aparece publicado na colección ELBa [acrónimo de Eusebio Lorenzo Balearón], que comparte Chan da Pólvora Editora co Concello de Dodro. Unha proposta de descubrir a poesía cando se logra ir máis alá das fronteiras impostas pola linguaxe caduca do presente. Continúe lendo As feridas da sociedade contemporánea en ‘Ese tépedo vento que pasa sobre o mundo’
‘Tempo fósil’, o sensacional regreso de Pilar Pallarés que lle deu o Premio Nacional de Poesía
Tras case dez anos de silencio, Pilar Pallarés regresa á poesía e faino cun libro sensacional, Tempo fósil, que lle valeu xa o Premio da Crítica Española e o Premio Nacional de Poesía. Tempo fósil sacode e emociona a partes iguais, escrito coa contundencia e eficacia dunha das autoras máis admiradas de Galicia. Pallarés comezou a escribir Tempo Fósil a finais de 2011, cando a ampliación do aeroporto de Alvedro levou por diante a casa familiar, que o seu pai construíra coas propias mans. O libro medrou arredor da destrución do lugar, da familia e da imposibilidade de deixar pegadas indelebles. Máis que unha indagación na nostalxia, estamos ante un libro sobre o tempo, obsesión dunha autora que contempla e sente a aniquilación como extinción colectiva. Continúe lendo ‘Tempo fósil’, o sensacional regreso de Pilar Pallarés que lle deu o Premio Nacional de Poesía