“Neste libro hai imaxes, recordos, anhelos e morriña… Pero tamén esquecementos”, asegura Roberto Varela no texto co que nos introduce no seu primeiro libro, O tempo que vivimos, que estes días chega ás librarías nunha coedición de Chan da Pólvora para a Colección Onsa. Roberto Varela, ex conselleiro de Cultura da Xunta e diplomático de profesión, selecciona no libro algunhas das fotografías que realizou ao longo da última década e crea con elas unha sorte de poemas visuais, con pequenos textos onde reflexiona sobre as formas na que a vida nos vai transformando. Nesta aventura editorial, acompáñano Luísa Castro, Antón Reixa e Ion de la Riva.
Continúe lendo As escintilacións e a vida a través da cámara fotográfica de Roberto Varela