
Catro autor*s que publicaron no ano 2025 en Chan da Pólvora, Ana Romaní, Gonzalo Hermo, Andrea Nunes Brións e Lorena Souto, optan aos premios Arri[t]mar, un proxecto desenvolvido pola Escola de Idiomas de Santiago co obxectivo divulgar a música e a poesía galego–portuguesas actuais, e aproximar a cultura dos dous países dentro dos vínculos coa lusofonía. É a primeira vez que catro autror*s publicados pola mesma editorial optan a estes galardóns, do que son finalistas un total de dez poemas de autoras como Pilar Pallarés ou Lupe Gómez.
Ana Romaní opta ao galardón polo poema “Recoñezo entre a maleza”, pertencente ao poemario Love me tender, que Chan da Pólvora editou na colección Cova da lontra. Andrea Nunes Brión opta con “Un mar que soña”, de Mapa da estría, libro que acaba de recibir o Premio Follas Novas ao mellor poemario do ano 2025. Pola súa banda, Gonzalo Hermo chega ao Arr[t]mar con “Rito de pasaxe”, incluído no seu libro Un xesto de tenrura , que lle valeu o Premio González Garcés. Por último, Lorena Souto foi elixida polo poema “O brillo dolorosamente incisivo da raxeira”, de Exuvia e saliva., un conxunto de poemas que recibiu neste mes de abril o premio da Crítica española ao mellor poemario en galego.








