Publicado o

Chan da Pólvora lanza a primeira colección en ebook e audiolibro da poesía galega

Chan da Pólvora lanza estes días a primeira colección de ebooks e audiolibros da poesía galega, nunha iniciativa que comparte co selo Noudelo e Ribón para visibilizar o traballo poético que se desenvolve en Galicia. Son, en total, catorce ebooks e catro audiolibros, que poden atoparse en distintas plataformas, con nomes como Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, Ana Romaní, María do Cebreiro ou Pilar Pallarés. 

Dentro da culminación da acción editorial de Chan da Pólvora, estes días están a chegar ás distintas plataformas vinte títulos en ebook e catro en audiolibros deste selo, nun proxecto que impulsa tamén Noudelo e Ribón. Trátase da primeira vez que está dispoñible nos dous formatos unha colección de poesía galega, de xeito que se consolida a presenza das poetas e dos poetas do país, neste caso vinculados aos catálogos das dúas editoras, nunha campaña que ten como obxectivo darlle unha maior visibilidade á poesía galega e difundila en soportes nos que ata agora tiña escasa ou nula presenza.

No ámbito do ebook, poderanse atopar títulos como Cadernos persoais, de Lois Pereiro; A lentitude, de María do Cebreiro; Camuflaxe, de Lupe Gómez; a antoloxía Así fala Penélope, recollida por Marta Dacosta; Simun, de Nuria Vilán Prado; Diarios/1 [Azul Monforte] de Antón Lopo; Beleza, verdade, de Carvalho Calero; Os eidos, de Uxío Novoneyra; Tempo fósil, de Pilar Pallarés; A liña da vida, de Xosé María Álvarez Cáccamo; Prefiro condenarme, de Margarita Ledo Andión; Love me tender [24 pezas mínimas para caixa de música e cilindro], e A desvértebra de Ana Romaní; ou Monte aberto, de Carlos Amado. 

En canto aos audiolibros, o proxecto baséase en achegar a poesía das autoras e autores –sempre que sexa posible– a través das súas propias voces, cun abano que vaia progresivamente incluíndo algúns dos títulos con maior eco do catálogo dos dous selos. As catro primeiras propostas son Love me tender, de Ana Romaní, con espazo sonoro de Chus Silva; Simún, de Nuria Vil; Diarios/1 [Azul Monforte] de Antón Lopo, e Camuflaxe de Lupe Gómez, que aparece gravado por Mónica Caamaño.

Os enlaces para os audiolibros, ademais de Apple books, Google play libros,… son:

Simún

https://store.streetlib.com/poesia/simun-967668/

https://pocketbook.es/simun-9791399117073

 

Love me tender [24 pezas mínimas para caixa de música e cilindro]

https://store.streetlib.com/poesia/love-me-tender-24-pezas-minimas-para-unha-caixa-de-musica-e-cilindro-978193/

https://pocketbook.es/love-me-tender-9791399214406?srsltid=AfmBOopuAlf4gKXiSel2lTd-Fd5lIrMEbnkkelWiIxoPZem6qnnfWwa-

 

Diarios 1 Azul Monforte

https://store.streetlib.com/poesia/diarios 1

https://pocketbook.es/diarios 1

https://play.google.com/store/audiobooks/details/Diarios_1_Azul_Monforte?id=AQAAAEBas1nzEM&hl=en_AU

 

Camuflaxe

https://store.streetlib.com/poesia/camuflaxe-973000/

https://pocketbook.es/camuflaxe-9791399214413