Este mércores, 26 de xaneiro, preséntanse en Barcelona as celebracións do Any Gabriel Ferrater, ao que Chan da Pólvora contribúe coa publicación das súas obras completas baixo o título As mulleres e os días, con tradución de Manuel Outeiriño. A presentación, que contará coa presenza do comisario da conmemoración, Jordi Cornudella, terá lugar ás doce do mediodía na sala de prensa da Instució de les Lletres Catalanes e poderá seguirse de forma telemática vía Youtube: https://youtu.be/yL2pXZP9WFo
L’Any Gabriel Ferrater lembra o centenario do nacemento do poeta e o cincuentenario da súa morte. O seu obxectivo principal é difundir a súa obra e lograr o máximo o recoñecemento da súa figura.
A edición de Chan da Pólvora será a primeira de Ferrater que se fai en galego e aparece incluída na colección O Río, xunto a obras de Andrew McMillan, John Berger, Anne Michaels ou Louise Glück.