Como velutinas e Imperio son os títulos das dúas novas audiografías basadas en A desvértebra, o último libro de Romaní, publicado por Chan da Pólvora. Desde o pasado mes de decembro, Silva e Romaní velen facundo distintas entregas desta experimentación coas xeografías e a voz que podes ir descubrindo na web da editorial a través do Laboratorio de Indagacións Poéticas (LIPo).
O proxecto consiste en trasladar a voz da poeta ao exterior e integrala nun corpo sonoro. Para a realización de cada peza, gravaron primeiro en estudio os poemas. Logo, reproducíronos por un altofalante en diferentes localizacións e rexistraron de novo o audio mediante unha imaxe. Como resultado, os poemas non só se suman ao espazo, senón que forman parte del: transfórmano e ao tempo transfórmanse.