Dendrita, o primeiro libro de poemas de Paula Luís, preséntase este sábado un de agosto en Serán. Será a partir das oito da tarde no bar Serán, da rúa Manuel Núñez, moi perto do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. No acto, Paula Luís lerá algúns dos poemas de Dendrita,
publicado por Chan da Pólvora Editora e aclamado pola crítica como un dos títulos revelación da temporada. Non é para menos, a voz da poeta viguesa arrabuña emoicións ata agora insólitas na poesía galega e redescubre latitudes novas sobre a identidade, o xénero e o desexo. Un librto inesquecible dunha poeta poderosa e arrebatadora.