Publicado o

Dúas novas audiografías de Chus Silva e Ana Romaní sobre ‘A desvértebra’

Desde hoxe martes [dous de febreiro de 2021] podedes atopar na seccion LIPo da nosa web dúas novas audiografías, o proxecto desenvolvido por Chus Silva e Ana Romaní sobre os poemas de A desvértebra, título de Romaní que publicou Chan da Pólvora.

O proxecto consiste en trasladar a voz da poeta ao exterior e integrala nun corpo sonoro. Para a realización de cada peza, gravaron primeiro en estudio os poemas. Logo, reproducíronos por un altofalante en diferentes localizacións e rexistraron de novo o audio mediante unha imaxe. Como resultado, os poemas non só se suman ao espazo, senón que forman parte del: transfórmano e ao tempo transfórmanse. Ir a LIPo