O verán en Chan da Pólvora técese en alianza coa Wells de Cangas e, como cada ano, a editora programa de novo na libraría as súas presentacións. A primeira cita será este sábado seis de xullo, a partir das 12,30 do mediodía, cun acto de Genaro da Silva, Antóm Fortes e Luís López Alonso, que se unen como a Trinca para achegarlle á afección os seus últimos poemarios: Gacela, Trânsito e Salífero, publicados na colección Sentulo de Chan da Pólvora (previamente, a Trinca estará o día cinco de xullo, a partir das nove da noite, na Festa dos Libros de Pontevedra).
A segunda das presentacións terá lugar o xoves 11 de xullo ás oito da tarde. Breogán Xague tarerá a Wells (Praza do Arco 5, Cangas) o seu libro Todos os lonxes, co que a editora encetou a actual temporada. Xague estará acompañado por Ismael Ramos.