“Antoloxía da poesía galega de 2019” Ramón Rozas
Preme para descargar… Antoloxía da poesía galega de 2019 [Ramón Rozas]
“Poesía, o que antecede á linguaxe” Oriana Méndez
Preme para descargar… Poesía, o que antecede á linguaxe [Oriana Méndez]
“Panxoliña d’O Páramo” Arcadio López-Casanova
Preme para descargar… Panxoliña d’O Páramo [Arcadio López-Casanova]
“O xiro é a desvértebra” Ramon Rozas
Preme para descargar… O xiro é a desvértebra [Ramón Rozas]
“Panxoliña da neve de luz” Arcadio López-Casanova
Preme para descargar… Panxoliña da neve de luz [Arcadio López-Casanova]
María Xesús Nogueira antologa a poesía galega de 2018
María Xesús Nogueira Pereira (Berres, A Estrada, 1968) é unha das máis recoñecidas investigadoras da poesía galega das últimas décadas, sobre todo no ámbito que indaga na relación entre os procesos da escrita e do xénero. Profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela, autora de numerosos traballos sobre poesía contemporánea e sinatura frecuente en diferentes medios escritos (durante anos colaborou tamén no desaparecido Diario Cultural da Radio Galega), María Xesús Nogueira foi unha das teóricas da denominada xeración dos 90. É editora de Poesía reunida (1982-2004), de Xela Arias, e colaborou xa con Chan da Pólvora en 13. Antoloxía da poesía galega próxima, coeditada con Papeles Mínimos. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica.
Preme para descargar… (dous mil) dezoito [María Xesus Nogueira]
Miro Villar fai balance poético
A poesía, desde o punto de vista editorial, configúrase como un “sólido reduto de resistencia”, asegura Miro Villar no seu artigo Sete anotacións para unha lectura (persoal) da poesía galega de 2018, que inaugura as edición dixitais de ChanZo. Chan da Pólvora converteuse nese ano, con nove títulos publicados, nun dos proxectos más dinámicos do país. Miro Villar contabiliza máis de trinta selos editoriais diferentes, dos que só catro superaron os cinco títulos publicados.
Preme para descargar… Sete anotacións para unha lectura (persoal) da poesía galega de 2018 [Miro Villar]
Antía Monteagudo esculca a poesía que saíu do papel no 2018
Hai tempo que a poesía está a sufrir un proceso de liberación das súas formas tradicionais e de unión a outros medios artísticos. Os poemas, sublima Antía Monteagudo Alonso na nova publicación de Chanzo, non se escriben só con palabras, senón que existen unha multitude de formas e canles nas que estes poden aparecer. As publicacións galegas de 2018 deron conta desta diversidade e demostraron, a xuízo da investigadora, como cada vez é máis común que o poético dialogue con outras prácticas artísticas como a performance, o cine, a música ou as artes visuais e plásticas.
Preme para descargar… 2018. Prácticas híbridas da poesía galega [Antía Monteagudo Alonso]
Ramón Rozas retrata a “hedra” do panorama poético galego
A exhuberancia poética non deixa de abraiar no noso sistema literario, asegura Ramón Rozas no artigo para descarga que aparece na sección enABERTO, unha nova entrega da revisión sobre o panorama editorial poético galego do ano 2018 que publicamos nas últimas semanas, e que inclúe unha antoloxía de María Xesús Nogueira. En palabras do crítico literario do Diario e Pontevedra, trátase dun período de claro avance “nesa conquista permanente na que está enchoupada a nosa poesía nos últimos tempos”. Pero amén hai unha sombra: “certo é que se seguen precisando lectores”.
Preme para descargar… Hedra [Ramón Rozas]
Mario Regueira adéntrase na “vizosa efervescencia” da poesía galega
É case un tópico cifrar a saúde dunha literatura, asegura o crítico literario e escritor Mario Regueira, pero na súa revisión da poesía publicada en Galicia no ano 2018, recoñece que a multitude de propostas e as distintas vías de expresión poética “inciden novamente na idea dunha vizosa efervescencia, esporeada tamén pola diversidade editorial e comunicativa que a poesía galega forxou nos últimos anos”. O contexto completo podes descargalo aquí na que é a quinta entrega das publicacións dixitais de ChanZo, dentro ducha serie específica sobre a poesía de 2018.
Preme para descargar… Ese anaco de horizonte [Mario Regueira]